top of page

Asesoría Fiscal Nogueiras

HHoxe conversamos con Rogelio para coñecer esta afamada asesoría sita no Castro de Ferreira, non a perdades!

Sen máis dilacións aquí a entrevista e mil grazas por todo Rogelio!

SdP: Para comezar a coñecervos unha serie de preguntas rápidas.

                

  • Cando comezou a vosa traxectoria? Que foi o que vos fixo crear unha asesoría?

 

Comenzamos o 01/04/1987, comecei eu so. No ano 1986 foi cando se implantou o IVE en España, que afectaría a todos os empresarios, pequenos negocios, agricultores, etc, e con este imposto xa se aveciñaba outra gran reforma fiscal, que non era outra que a actual Declaración da Renda, que comenzou no exercicio de 1988. Eu (Rogelio) tiña terminado no ano 1985 a Diplomatura en Ciencias Empresariais, a primeira promoción da especialidade en Fiscal. Foi entón cando me din conta que en Ferreira era necesario unha Asesoría Fiscal, para ofrecer este servizo nestas materias totalmente novedosas que, sen dúbida, marcaron un antes e un despois en materia fiscal no noso país. Foi entón cando me animei a iniciar a andadura, convencido de que tería futuro en Ferreira e así non verme obrigado a marchar do meu Concello a procura de alternativas fóra. Máis tarde, xa no ano 1991, logo de rematar tamén a miña Dona (Elisa) a Diplomatura en Ciencias Empresariais, decidimos constituir unha Comunidade de Bens, que é a actual "Asesoría Fiscal Nogueiras, CB".

 

  • Algunha anécdota graciosa que se poida contar?

 

Tería moitas, pero unha que se me acorda moitas veces foi alá polo ano 1981, cando comenzaron as ITV nos coches, e que non había en Monforte, había que ir a Lugo. Veu un cliente e pregúntame como era iso da revisión do coche, expliqueille da mellor maneira posible para que me puidera entender e díxome todo convencido: bueno, bueno, pois terei que ir logo a Lugo. E entón pregúntame todo serio: Terei que levar o coche, ou?

 

  • Trámite favorito e trámite que “odiades”

 

Non temos un trámite favorito, gústannos todos os que facemos e tampouco temos ningún que odiemos. O que menos nos agrada é a tramitación do Imposto de Sucesións, por ser un trámite que hai que facer sempre que morre alguén. Normalmente sempre é familiar dalgún coñecido. 

 ​


SdP: Cal é a vosa clientela máis habitual? E cales son os trámites máis frecuentes?

 

AFN: A nosa clientela, principalmente, son Traballadores Autónomos, do propio Concello e tamén doutros limítrofes, como de Monforte, Escairón, Taboada, algún de Ourense. E logo veciños en xeral do Concello, que sempre teñen cousas que solucionar.

Os trámites máis frecuentes, se falamos de Traballadores Autónomos, pois todo o relacionado coa Axencia Tributaria e a Seguridade Social, como consecuencia da súa actividade.

Se falamos de particulares (resto veciños do Concello), pois a Declaración da Renda Anual, e dende fai algúns anos, vemos que está a aumentar moitísimo todo o relacionado con  herdanzas, legalización de propiedades, actualizacións catastrais. Disto si que temos clientela non so do concello, refírome a clientes que non viven aquí habitualmente, son fillos de emigrantes, pero si que teñen relación co Concello, e que agora están tratando de poñer ó día as propiedades que heredaron de seus pais. 

 

SdP: Ao levar xa certo tempo, como valorades o coñecemento xeral da xente sobre temas fiscais? Saben xestionar as contas?

 

AFN: En xeral, a xente  ten coñecemento de que hai unhas obrigas fiscais que cumprir e son conscientes de que o mellor é contratar estes servizos, que arriscarse e facelos pola súa conta. 

Xestionar as contas, dito así, claro que saben xestionar as contas, cada un a súa maneira, pero si que saben. Despois en ocasións tamén nos piden asesoramento en temas bancarios, antes de contratar algún producto no banco.

 

SdP: Que debería facer a Administración para poñerlle máis fáciles as cousas á xente maior en materia de trámites?

 

AFN: Debería de voltar a dar servizo presencial. A xente maior ó non poder acudir presencialmente á administración, non ten outra forma de cumplir con moitas das súas obrigas que recurrindo a profesionais.

 

SdP: A día de hoxe cales son os servizos que ofertades a un posible cliente? E como poderían contactar con vós?

 

AFN: Como xa se mencionou, os nosos servizos están enfocados no ámbito empresarial a Traballadores Autónomos, con e sen empregados, e taména trámites fiscais en xeral para os ciudadáns: Imposto da Renda, Imposto de Sucesións, Herdanzas, actualizacións catastrais.

E bueno, hai que dicilo, no noso caso, xa empezamos a parecernos a un punto de atención a cidadanía como unha labor social necesaria. Son moitos os veciños que veñen a nosa oficina a dicirnos que recibiron unha mensaxe cunha notificación, para pedirnos se lla podemos abrir ou dicirlles de que se trata. En xeral, eu diría que facemos un pouco de todo, xestionamos e asesoramos os nosos clientes, o que está dentro no noso ambito, e no resto tamén tratamos de axudar na orientación hacia outros profesionais, cando a situación ou o trámite o require. 

 

SdP: Dende a vosa posición que opinades sobre que se imparta nos colexios e /ou institutos unha asignatura sobre asuntos fiscais?

 

Pareceríame unha moi boa idea. 

 

AFN: Para rematar, se puidesedes pedir un desexo ao Ministerio de Facenda, cal sería?

 

Simplificación nos trámites en xeral, menos papeleo, en moitos casos facemos o mesmo por dúas canles diferentes. Bueno isto podíase extender a todas as administracións en xeral.

Agardamos que vós tivera gustado e coma sempre aquí deixamos a publicación desta entrevista no Xornal de lemos: https://xornaldelemos.gal/en-profundidade/69086-xa-comezamos-a-parecernos-a-un-punto-de-atencion-a-cidadania-como-un-labor-social-necesario-rogelio-de-asesoria-fiscal-nogueiras/

Contacto

Correo electrónico:

segredosdepanton@gmail.com

Tlf:

662 669 223 (Lucas Vázquez)

Redes Sociais

  • Facebook
  • Instagram
Marca segredos de pantón.png
RPCentidade.png
bottom of page