Entrevistas 2022
Asoc. Cult. "Segredos de Pantón"
Carpintería metálica "Pontón"
Desta volta falamos na nosa entrevista con José Ángel ferreiro na aldea de Ferreiroá, na freguesía de San Xulián de Eiré. Ten 43 anos e leva 27 anos adicándose a este oficio.
Agradecemos un montón a súa colaboración neste espazo e esperamos que vós guste a entrevista!
Segredos de Pantón: Para comezala entrevista unha serie de preguntas rápidas:
Como foi que se meteu no mundo do ferro?
Con 14 anos ao rematar EXB, non quixen estudiar máis, unido tamén a que tiña que axudar na casa, con case 16 anos fun a traballar de albanel co meu pai e co seu compañeiro. Pasada unha semana, deixeino. Nesa semana coincidín con xente da soldadura na obra e quedei ca copla. Estiven uns meses na casa e cando me enterei que un taller de Monforte de Lemos buscaba pinche, alí nos fomos miña nai e eu.
Cando comezou co negocio?
Co negocio comecei no 2005.
De onde procede o nome de Pontón?
O nome de Pontón procede de meu avó.
O traballo máis raro?
Traballos raros, moitos. Soldar unha cama un 24 de Nadal, fabricar obxetos peculiares como unha alza para o párroco para dar a misa e ninguén ou pouca xente o sabía, etc.
- Cales son os traballos que máis ten no seu día a día?
Os traballos do día a día son portas, rexas, tellados e despois moitos arranxos, reformas, o típico vaia.
José Ángel traballando nun encargo no seu taller.
SdP: O seu traballo vémolo moitas veces en polígonos industriais pero, ao atoparse nunha aldea, que ventaxas observa de facelo nun lugar coma Ferreiroá?
As ventaxas de estar en Ferreiroá son moitas, estás na tua casa, coa veciñanza e xente dos arredores. Lonxe dese mercado feroz cheo de xente que non coñeces, xa o vivín e non quero iso, prefiro a xente de sempre, que por vivir en Pantón, teñan un veciño a quen encargarlle os traballos.
SdP: Falamos dos encargos que máis demandan pero que outros traballos pode realizar tamén para un posible cliente?
Traballos a realizar: os típicos que fai calquer ferreiro. Arranxar unha cancela, reparar un apeiro dun tractor, soldar unha pata dunha cadeira de ferro ou amaños pequenos relacionados co metal.
Unhas imaxes do taller de José Ángel.
SdP: Sabemos que no rural ás veces hai anécdotas de veciños que veñen un domingo ou que veñen traer unha ducia de ovos. Cóntenos algunha graciosa que tivera.
Anécdotas cos clientes moitas e moi variadas. Tráenche laranxas, viño, iste o que máis, invitarte a comer ou a cear e chegar as doce a casa algo borracho (hahaha). Ou un cliente que me dixo que cando falecera, me venderan a furgoneta os seus familiares. Por desgraza iso cumpliuse.
SdP: Coma artesán do ferro xa tivo que facer algún encargo especial para algún elemento patrimonial coma un pazo?
Traballar para pazos e iso moito, xunto a carpinteiros ou fontaneiros. O que máis me chocou foi o Castelo de Maside, coñézoo de arriba abaixo, e cada vez que vou, vexo algo novo. Tamén teño traballado no cenobio de San Pedro de Rocas en Ourense, alí fun botarlle unha man a Alfredo e Sindo de Bulso, compañeiros meus de profesión, a facer uns arranxos para a grabación da película de Dani de la Torre.
Un dos últimos encargos no que anda a traballar
A maiores de saír publicada nas nosas redes sociais a entrevista sae publicada no Xornal de Lemos, no seguinte enlace podedes acceder á entrevista na páxina web do medio: