Entrevistas 2022
Asoc. Cult. "Segredos de Pantón"
Bibliografía
Nesta parte da nosa páxina web queremos ofrecervos un espazo onde poder buscar fontes de información, lugares onde mergullarvos e coñecer a nosa historia, cultura e tradicións.
Así esperamos que cando vexades algo nas nosas redes sociais, ou mesmo aquí neste espazo da Internet, poidades ampliala información recurrindo a estas ferramentas que vos brindamos.
Libros
Neste apartado amosamos unha serie de libros centrados no noso concello ou que conteñen apartados centrados en parte da nosa tradición, historia ou natureza.
Así reflexamos a continuación o nome, o título, a autoría e mesmo lugar onde poderiades atopalos.
"Genealogía y memorias de un cura rural", autor: José Vázquez Vázquez.
Este libro do párroco de Taboada ten 2 capítulos de cando foi o cura das freguesías de San Vicenzo de Pombeiro e de Santo Estevo de Atán. Nel conta historias e anécdotas da vida destas parroquias.
"Pantón, historia e fidalguía", autor: Isaac Rielo Carballo.
Este libro conforma case unha enciclopedia sobre o noso concello, tratando de historia, xeografía e enumerando case tódalas nosas aldeas.
Podedes atopalo á venda na oficina de turismo do concello de Pantón, no 2º andar do Edificio Sociocultural.
"Heráldica de Pantón", autor: Isaac Rielo Carballo.
Nesta obra o prolífico escritor enumera e describe tódolos escudos de casas, pazos e rectorais do noso concello.
Ao igual co outro libro deste autor, poderedes atopalo á venda na oficina de turismo do concello de Pantón, no 2º andar do Edificio Sociocultural.
"Reseña histórico descriptiva de la parroquia de Vilar de Ortelle y su comarca: y de los monumentos protohistóricos del partido de Monforte de Lemos", autor: Ramón Castro López.
Neste libro este cura da freguesía de Vilar de Ortelle fai unha descrición da súa freguesía, pero a maiores tenta recoller información de mámoas, castros, santuarios e templos románicos dos concellos de Pantón, Sober, Saviñao e Monforte de Lemos.
"San Vicente de Pombeiro", autor: Nicanor Rielo Carballo.
Este libro, a medio camiño entre a reseña turística e a enciclopedia, fala da historia desta parroquia, da súa xeografía, das diferentes aldeas, adícalle un apartado específico ao antigo cenobio de San Vicenzo de Pombeiro, enumera as diferentes capelas e ermidas relatando a súa historia e repara noutros elementos patrimoniais destacables da freguesía.
"Lendas e tradicións da Ribeira Sacra Vilar de Ortelle", autor: José Val y Val.
Nesta obra este cura de Santiago de Vilar de Ortelle recolle parte do escrito por Ramón Castro López e compleméntao ata formar unha verdadeira enciclopedia da parroquia, onde podemos atopar información de tódalas aldeas, historia das mesmas e unha infinidade de curiosidades que non nos deixarán indiferentes.
PDFs
Neste apartado amosamos unha serie de PDFs, presentacións, traballos e demáis documentos cheos de información sobre o noso concello ou que conteñen apartados centrados en parte da nosa tradición, historia ou natureza.
Así reflexamos a continuación o nome, o título, a autoría e o enlace para poder ollalo comodamente.
"A Civitas Lemavorum: estudio arqueohistórico do hábitat e ocupación do territorio lemavo en época romana", autores: Grande Rodríguez, M.
Enlace: https://issuu.com/martinxvm/docs/lemavi_dea
"Roteiro Manuel María nas Cantigas e cantos de Pantón", relatores: Flora Enríquez e Xavier González.
Enlace: https://docplayer.com.br/66907012-Maria-manuel-roteiro...
"Los monasterios benedictinos femeninos en galicia en la baja edad media: arquitectura y escultura monumental", autora: Teresa Claudina Moure Pena.
Enlace: http://e-spacio.uned.es/.../MOURE_PENA_Teresa_Claudina...
"Toponimia do Concello de Pantón", autor: Nicandro Ares Vázquez. A partir da páxina 42 do documento.
Enlace: http://www.seminariodelugo.org/web/images/Lucensia/L-41.pdf
"A crenza nas bruxas nunha comunidade galega: aldeas do concello de Panton (Lugo)", autora: Pilar Rodríguez Blanco.
Enlace: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=1299688
"Pantón como ejemplo de la organización del territorio y el poblamiento en la Galicia medieval: la parroquia, el coto, la aldea, el casal y la vivienda (siglos XIII-XV)", autor: José Antonio López Sabatel.
Enlace: https://www.researchgate.net/.../327364943_Panton_como...
"El espacio geográfico de la tierra de Lemos", autora: Rosa María Guntiñas Rodríguez
Enlace: http://www.estudioshistoricos.com/.../El-espacio...
"San Esteban de Atán (Lugo). Un ejemplo de iglesia que no es lo que parece", autores: María de los Angeles Utrero Agudo, Luis Caballero Zoreda e Fernando Arce Sáinz.
Enlace: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=1023409
"Las pinturas murales de San Vicente de Pombeiro (Lugo)", autora: Alicia Paz Suárez-Ferrín.
Enlace: https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=1290095
"Evolución de los patrones de asentamiento de los yacimientos paleolíticos de la Depresión de Monforte de Lemos (Lugo, Galicia)", autores: de Lombera Hermida, Arturo ; Díaz Rodríguez, Mikel ; Pérez Alberti, Augusto ; Ameijendas Iglesias, Alicia ; Rodríguez Álvarez, Xosé Pedro ; Fábregas Valcarce, Ramón.
Enlace: https://revistas.usc.gal/.../semata/article/view/2963/3292
"Mámoas do Saviñao : a anta de Abuime e a necrópole do Monte da Morá : traballos realizados por conta da Comisión de Estudios en Galicia", autores: Florentino López Cuevillas, Antonio Fraguas e María Pura Lorenzana
Enlace: http://biblioteca.galiciana.gal/es/consulta/registro.do...