Entrevistas 2022
Asoc. Cult. "Segredos de Pantón"
Conservatio
Situémonos en Ribeiras de Miño, unha freguesía rural da comarca de Lemos, en dita parroquia coma en todas en épocas pasadas un dos eixos que vertebraban no pasado esta contorna non era outra que a igrexa. E esta como non tiña un retablo, normalmente a súa confección era elaborado cunha doazón por parte dunha familia notable da parroquia.
Así despois de anos, vodas, comunións, moitas candeas e cancións o retablo da igrexa de Santo André de Ribeiras de Miño anda algo vello e aquí aparece Javier García Lozano, coordinador da empresa de "Conservatio Restauración de patrimonio", unha iniciativa privada oriunda de Castela A Mancha.
Desfrutade desta amena conversa, para coñecer máis deste ben inmoble pantonés e dos grandes coñecementos de Javier.
-SdP: En primeiro lugar, cóntenos como comezou o tema das restauración de forma profesional, coa súa empresa.
-CR: Despois de máis de 10 anos colaborando con outras entidades administracións en distintos puntos do país e en diferentes países como Italia, Chile ou Alxeria, cos coñecementos adquiridos considerei a posibilidade de comezar a buscar obras onde fose necesario poñer en valor e devolver as obras de arte o seu estado orixinal.
-SdP: Entrando en materia, no que se refire á obra que realizan en Pantón, descríbanos ese retablo, algo especialmente destacable? En que estilo podemos encadralo?
-CR: Trátase dun retablo de estilo barroco, realizado en 1789, tallado en madeira e dourado con pan de ouro fino e posteriormente policromado. Destaca a calidade nalgúns motivos decorativos mediante a técnica de esgrafiado, sobre todo nas roupas dalguna das esculturas. Destacan tamén as figuras portantes do retablo que o suxeitan a modo de atlante, un a cada lado. En canto á iconografía que representa, encontramos a San Francisco Xavier, Santo Tomás, a Virxe Inmaculada, San Andrés, San Xosé e a Virxe do Rosario.
Imaxe de Javier García Lozano, diante do andamio das obras do retablo.
-SdP: Nesta obra de Santo Andrés de Ribeiras de Miño, en que consiste o traballo que están levando a cabo?
-CR: Estanse realizando labores de consolidación do estrato pictórico, así como da preparación, moi levantada en casi todo o retablo, alén da reintegración volumétrica e cromática nas zonas que xa se perderon. Tamén se están levando a cabo traballos de limpeza das capas de verniz que se tiña oxidado co paso do tempo, así como dos restos de ferruxe das candeas. Como última fase, realizarase a aplicación dunha capa de protección en todo o retablo.
-SdP: Polo que nos comentou este retablo ten moito pan de ouro, como se podería explicar?
-CR: Polo xeral no século XVIII e dentro do estilo barroco, téndese a dorar os retablos e a desenvolver unha gran profusión decorativa baseada habitualmente en motivos vexetais. Neste retablo vese claramente esta gran cantidade de motivos decorativos con pan de ouro fino que procedía
seguramente de Florencia.
Esta empresa colocou uns cartaces para informar e explicar o seu traballo e a propia historia desta igrexa.
-SdP: En Pantón, como valoran a involucración dos veciños nesta obra, sendo os maiores usuarios deste ben? Noutras restauracións que teñen feito como responde a veciñanza?
-CR: Xeralmente, involucranse en gran maneira na conservación dos seus bens. Son coñecedores do patrimonio tan importante que posúen e intentan coidalo o máximo posible. Noutras obras igualmente fan todo o que está na súa man para poñer en valor e aprender todo o necesario para a conservación e mantemento posterior. Sempre nos agradecen a labor que realizamos de devolverlle ós seus bens o valor que merecen.
Imaxe dun dos santos que será restaurado.
-SdP: Teñen os retablos das igrexas rurais características comúns? Recorda algún que lle sorprendera por algo en concreto? É alguna zona rural máis prolífica en retablos?
-CR: Os retablos das igrexas rurais adoitan ser de factura popular, de medianas ou pequenas dimensión. Neste caso de Ribeiras de Miño, sorprendeunos gratamente pola gran calidade das tallas así como das policromías que están aparecendo por baixo das capas de verniz oxidado. Destacamos a zona da Ribeira Sacra, onde sempre houbo gran cantidade de retablos, ligados a esa proliferación de mosteiros e templos relixiosos.
-SdP: Do sur de Lugo ou do noso municipio, hai algún ben arquitectónico que lle chame a atención ou algún no que lle gustaría intervir?
-CR: Calquera elemento patrimonial da zona de Lugo é una marabilla, cada una das igrexas que compoñen a Ribeira Sacra é un tesouro por descubrir. Así como en Monforte de Lemos ou Mondoñedo.
Andamio colocado no interior do templo para realizar as devanditas empresas.