Entrevistas 2022
Asoc. Cult. "Segredos de Pantón"
Ferreira C.F.
Desta volta falamos co secretario do clube Ferreira C.F., para coñecer máis sobre o clube, a súa historia e o seu futuro.
Agradecemos un montón a súa colaboración neste espazo e esperamos que vós guste a entrevista!
Segredos de Pantón: Cando nace o clube de fútbol do Ferreira?
Ferreira F.C.: Boas a tod@s, pois o Ferreira CF fúndase no ano 1977.
SdP: Antes do nacemento do Ferreira C.F. existía outra entidade deportiva no concello?
FCF: Pois clube federado como tal non temos datos de que existira, pero o que si que había eran equipos de parroquias e algunhas contaba con varios equipos.
SdP: Na historia do clube, en que ligas militou o Ferreira?
FCF: Pois nos seus comezos militou na liga da montaña, despois xa no formato actual da federación, estivo en Segunda Autonómica, chegamos a ter equipo de xuvenís a finais dos 90, e a partir desa época, foron os anos máis gloriosos conseguindo un ascenso a primeira autonómica e gañando a copa, despois duns anos de éxito en Primeira conséguese o ascenso a Preferente Autonómica, que foi a categoría máis alta onde militamos. Agora despois duns anos en Segunda Autonómica, retornamos en 2017 a Primeira Autonómica, aínda que logo nos volveríamos descender a Segunda, na cal aínda estamos e levamos 2 anos nela.
SdP: Cales son os maiores éxitos deportivos do Ferreira?
FCF: O campionato de liga e Copa Provincial de Segunda Autonómica no 2003, o ascenso a Preferente Autonómica no 2008 e o recente ascenso a Primeira Autonómica deste ano.
SdP: Que categoría pensan que é o lugar natural do Ferreira?
FCF: Pois pensamos que é a Primeira Autonómica.
SdP: Dende o clube como valoran a súa afección? Teñen moitos seareiros que recorren os concellos para ver os seus partidos?
FCF: Estamos moi contentos coa resposta da afección xa que é das máis numerosas e das que máis ven animar ós campos de toda a categoría.
Imaxe do Ferreira C.F.
Da tempada 1999-98 os xuvenís quedaron 2º na súa categoría.
SdP: Como foi esta tempada tan anómala?
FCF: Pois estivemos case toda a primeira volta nos primeiros postos e despois caemos o 2º posto. Logo na última xornada antes do parón pola Covid-19, perdemos e caimos ata o 3º posto. E de momento pola información que temos a tempada xa tería rematado.
SdP: Para rematar coa entrevista. Como ven o estado de saúde do clube?
FCF: O clube hoxe en día conta cunha boa saúde tanto deportiva como económica, despois duns anos moi duros.
SdP: Hai Ferreira para rato ou non?
FCF: Dende a directiva faremos todo o posible para que haxa Ferreira para rato, o problema é que estamos nun concello no que escasea a xente nova que lle guste xogar o fútbol, aínda que veñen unhas xeracións máis novas que poden ser o futuro do clube, pero para iso teremos que esperar!
Forza Ferreira!!!
Na tempada 2007-08 cando ascenderon a Preferente Autonómica.
A maiores de saír publicada nas nosas redes sociais a entrevista sae publicada no Xornal de Lemos, no seguinte enlace podedes acceder á entrevista na páxina web do medio: