top of page

A Voz dos Peares

Nesta entrevista tocou falar co novo colectivo "A Voz dos Peares", que denuncia o emprego partidista por parte de Alberto Núñez Feijóo dos Peares.
Agradecemos un montón a súa colaboración neste espazo e esperamos que vós guste a entrevista!

Segredos de Pantón: Para comezar coa entrevista queríamos saber como comezou este proxecto?

A Voz dos Peares: Nace como unha iniciativa veciñal, para dar a coñecer o descontento e fartura de moitxs veciñxs da vila dos Peares do emprego partidista e descarado que fai Alberto Núñez Feijóo da nosa vila. A iniciativa, ou plataforma, nace cun obxectivo fixo, destapar as mentiras de Feijóo sobre a súa vinculación con evidencia empírica, Feijóo non é dos Peares, Feijóo non ten casa nos Peares, Feijóo só vén aos Peares coas cámaras de televisión.

Levabamos anos calando e erguendo a voz a título individual, pero esta vez quixemos dar voz, dar voz aos Peares, a uns Peares sen utilización política, uns Peares diverso no que collamos todxs e que non sexa utilizado como reclamo político.

108005213_3991815887556102_4230379540585

Logo do colectivo "A Voz dos Peares".

SdP: Todas sabemos que tivo moita sona unha pancarta que colgaron na súa vila dos Peares, que aconteceu ao redor disto? Cal era a súa intención ao colgar esta faixa?

AVdP: Todo rebentou o xoves 25, día no que se colocaba a pancarta, previa a aparición cirquense de Feijóo nos Peares, no seu acto de apertura de campaña; vir, dar catro apertas, facerse o neno de aldea e a seguir. Despois disto armouse o rebumbio, algúns alcaldes das diferentes zonas baixaron escopeteados a sacar fotos e a buscar culpables. Algo fallaba na preparación do circo de Feijóo, Feijóo xa non chegaba ao seu feudo, non era benvido. Enterámonos pouco despois que desde as altas cúpulas do Partido Popular, ordenaran a veciños afíns ao partido  botar abaixo a pancarta.

Pero non ían quedar de brazos cruzados deixando que a nosa pancarta fixera sombra as súas, esa mesma noite empapelaron o pobo cunha chea de pancartas paternalistas alabando a Feijóo. Como conseguiron “veciños dos Peares” facer 4 pancartas de imprenta nun día? Non se sabe. E toda esta guerra de pancartas deunos a razón sobre algo que xa sabiamos, Feijóo utiliza os Peares maquillado para facer campaña, é o seu modus operandi, modificar toda realidade para dar imaxe de estabilidade.

Con todo isto o que buscamos é evidenciar a realidade de que "Somos dos Peares e Feijóo non nos representa", de que estamos cansxs da utilización que fai de nós como pobo.

107566493_3991815634222794_3021428108149


 

SdP: O seu colectivo ten unhas bases ou piares, cales son?

AVdP: A nosa plataforma ten varios piares. Por un lado está a actual liña que é a denuncia da utilización política e das mentiras de Feijóo con respecto a súa vinculación cos Peares. A segunda das liñas é a da denuncia da situación administrativa e o abandono da vila dos Peares . Outro dos piares tamén é a promoción dos Peares, das súas riquezas, historia e a sua marabillosa e única contorna.

 

SdP: Cales son as cousas que queren realizar nos diferentes barrios que conforman Os Peares?

AVdP: Evidentemente o principal é o cambio urbanístico, non hai máis que ver o estado de deterioro e abandono urbanístico da aldea, que deixa en moi mal lugar a grandiosidade da paisaxe que non é mérito de ningún político.

SdP: Para rematala entrevista e a nivel de opinión, pensan que Os Peares debería cambiar de forma organizativa e mudar nun concello propio?

AVdP: Dende a posta en funcionamento do Consorcio en 1999, no cal puxemos tódalas ilusións e despois de 21 anos de funcionamento, o Consorcio foi un fracaso a pesar de todo o que prometeron nun principio. A nosa reivindicación inicial é conseguir unha "Entidade menor", é a única maneira de saír do letargo e funcionar coma un concello. Vémola coma a solución ó conflicto de intereses que aquí se xeran, por parte dos distintos concellos.

Pancarta que colocaron nos Peares dende o colectivo.

107651653_3991821100888914_8811328593031

Panorámica da vila dos Peares.

A maiores de saír publicada nas nosas redes sociais a entrevista sae publicada no Xornal de Lemos, no seguinte enlace podedes acceder á entrevista na páxina web do medio:

http://xornaldelemos.gal/movementos-sociais/22524-feijoo-non-e-dos-peares-feijoo-non-ten-casa-nos-peares-a-voz-dos-peares/

bottom of page