Entrevistas 2022
Asoc. Cult. "Segredos de Pantón"
Mar López Sotelo
Hoxe conversamos con Mar López Sotelo, investigadora e divulgadora dos esgrafiados. Na entrevista falaremos destas decoracións en cal, dos tipos que hai e onde podemos atopalos.
Agradecemos un montón a súa participación e esperamos que vós guste!!
Segredos de Pantón: Que é un encintado? Que tipos hai?
Mar López Sotelo: Os encintados, son unha forma particular de decoración mural, no cal se atopan os encintados. Polo tanto falaríamos de tipos de decoración mural; neste caso falaríamos de encintado, esgrafiado e decoración mural.
Unha edificación cuns esgrafiados moi particulares.
SdP: Cando se comezan a realizar estas pinturas murais e cando remata a realización destas pinturas?
MLS: Sábese que dende o século XVIII se realizan estes elementos decorativos. Até a 1ª metade do século XX tense constancia da elaboración das pinturas murais.
SdP: Sabemos que vostede realizou un mapa interactivo en Google da localización das decoracións murais da Ribeira Sacra. Ten pensado emprender algunha outra acción por estes elementos?
MLS: Estamos a crear un grupo de traballo para poder catalogar o máximo número de decoracións murais. Ademáis queremos concienciar á xente respecto á importancia destes elementos na nosa etnografía, polo seu valor.
Outro tipo de esgrafiados.
SdP: Que facemos se atopamos unha nova decoración mural non catalogada no seu mapa de Google?
MLS: Poden enviarme un correo o meu e-mail (mlopez.eduso@gmail.com), cunha imaxe do elemento e o lugar de onde se atopa e a edificación onde se sitúa esta decoración mural.
Queremos agradecer infinitamente a boa vontade que puxo nesta entrevista Mar López Sotelo
e aceptando de tan boa gana responder as nosas preguntas e levarnos a ver uns encintados na parroquia de San Fiz de Cangas.
Uns esgrafiados reflexando unha escena de caza nunha casa de Castillón.