top of page

Adega Sernande

Desta vez conversamos con María José Aira e Antonio López, donos da adega Sernande, unha das adegas de Pantón con maior proxección internacional. Nesta conversa falamos deste proxecto e dos seus obxectivos a medio e curto prazo. 

Agradecemos un montón a súa participación e esperamos que vós guste!!

Segredos de Pantón: Para comezar ca entrevista, como definirían o proxecto de Adega Sernande? Que obxectivos queren acadar?

Adega Sernande: Adega Sernande é un proxecto honesto, comprometido coa viticultura responsable, que busca nos seus viños sacar o carácter da terra da que proceden. Buscamos viños naturais, facendo un traballo respetuoso, mimando os viños na adega, cos seus tempos e evolucións necesarias. O noso obxetivo e seguir elaborando as marcas que temos agora e incorporar novas elaboracións sobre todo en brancos.

SdP: Sabemos que son da terra do Brollón como remataron en Sernande, que os trouxo?

AS: Estivemos un tempo buscando unha construccíon para rehabilitar en distintas zonas, dende un principio sentímonos moi cómodos en Sernande e o proxecto que tiñamos encaixaba na casa que compramos e que hoxe é a Adega.

IMG-20190703-WA0006.jpg

Unha imaxe de María José Aira nas viñas da adega xunto ao Sil.

SdP: O seu traballo ata agora témolo nos viños Vertixe, Mil Vueltas e Oh my God, como foi a súa aceptación?

AS: Vertixe xa é un viño cun mercado consolidado e cunha gran demanda, no caso de Mil Vueltas e Oh my God, acabamos de presentalos na Emoción dos viños, que se celebrou o fin de semana pasado en Barro, e tiveron moi boa acollida.

SdP: Temos entendido que case toda a súa produción viaxa ao estranxeiro, cal é o perfil dos seus compradores (distribuidores de viño, restaurantes...) ? Que países están na súa lista?

AS: Parte da nosa producción estase a comercializar en NY, e tamén a nivel nacional. En Galicia podemos atopalo en A Curba de Portonovo ou no restaurante Polvora de Madrid por poñer algúns exemplos. Afortunadamente cada vez hai máis consumidores que queren coñecer que hai detrás de cada botella, e o mesmo tempo contamos con hosteleiros coñocedores dos viños que venden, esta simbiose fai moi enriquecedora a cultura vinícola dun pais. Estes mercados son os que buscamos para os nosos viños.

Adega_Sernande_5.jpg

Imaxe das cubas da adega Sernande.

dP:O seu caldo Vertixe, foi unha colaboración con Orly Lumbreras, como foi a experiencia?

AS: Orly Lumbreras forma parte da esencia da adega, el xunto coa súa muller Mila, colaboran con nós no proxecto, nas distintas etapas, únenos unha boa amizade ante todo, e a ilusión e sentir común no mundo do viño. A forma de elaborar xorde dun consenso e dunha valoración profesional como é a de Orly Lumbreras.

SdP: Para rematar coa entrevista, que pensan que fai únicos aos viños da denominación de orixe Ribeira Sacra?

AS: Para nós a singularidade dos viños da Ribeira Sacra esta no terruño, na rica diversidade de solos que temos e que fai que unha mesma variedade teña unha expresión distinta e un carácter diferenciado.

Adega_Sernande_4.jpg

Antonio López nunha cata na que participou Adega Sernande.

A maiores de saír publicada nas nosas redes sociais a entrevista sae publicada no Xornal de Lemos, no seguinte enlace podedes acceder á entrevista na páxina web do medio:

http://xornaldelemos.gal/opinion/12737-adega-sernande-mimando-os-vinos-na-adega-e-vendendo-en-nova-iork/

bottom of page