top of page

I Concurso Fotográfico de Nadal  Segredos de Pantón.

Aquí traémosvos as bases do noso concurso fotográfico:

 

1. Temática.
As fotografías deben de reflexar paisaxes outonais e invernais de Pantón de calquer tipo pero sempre que sexan no noso concello.

2. Participantes.
Calquer persoa amante de Pantón e da fotografía, os menores deberán de ter unha autorización correspondente dos seus titores legais.

3. Obras.
Cada participante poderá enviar só unha imaxe en cor, que deberá de ser autoría súa e que non fora premiada con anterioridade. Xa que de non ser así quedaría automaticamente descalificada ao sábelo e retirarémoslle o premio de conseguilo.
A temática será libre. Non se aceptarán fotografías pintadas ou manipuladas, montaxes, nin collages.

4. Presentación.
Enviar por algún dos seguintes medios a súa imaxe:
As redes sociais son:
Facebook: Segredos de Pantón
Twitter: @OsSegredosdoVal
Instagram: @segredos_de_panton
Correo electrónico: segredosdepanton@gmail.com
Teléfono (WhatsApp): 662 669 223

Indicando o nome da fotografía o lugar e o nome da parroquia onde foron sacadas.

5. Prazo.
O prazo de envío das imaxes dará o comezo o día 29 de novembro de 2021 e rematará o 31 de decembro ás 12 h. Logo o día 6 de xaneiro ás 17:00 horas rematará o prazo de votación.

6. Xurado.

O xurado será a propia xente que vote no álbum de fotos que teremos habilitado na nosa páxina de Facebook, así as 3 fotografías con máis "me gustas" serán as gañadoras de sendos premios.
 

Aquí o enlace do álbum: 

https://www.facebook.com/media/set/?vanity=SegredosdePanton&set=a.2384961344908239

Os diferentes premios serán, o 1º unha estancia para 2 persoas na Rectoral de Castillón, o 2º unha cesta de produtos de Pantón e o 3º un circuíto termal no balneario de Augas Santas. 

unnamedLL.jpg

1º Posto: "As viñas de Pantón" en Augas Santas (San Martiño de Pantón). Con 253 votos.

50140877_2729610587063962_16646120670274

2º Posto: "A Lama" en Galegos (San Vicente de Castillón). Con 229 votos.

49711588_2729610937063927_83816021567209

3º Posto: "Un antiguo glaciar a 707 m" en A Cruz (San Vicente de Pombeiro). Con 211 votos.

50192552_2729610930397261_68019663182925
bottom of page