top of page

Rectoral de Castillón

Hoxe conversamos con Rosa da Rectoral de Castillón, deste mítico aloxamento e restaurante no interior do noso rural.

Agradecemos un montón a súa participación e esperamos que vós guste!!

Segredos de Pantón: Antes de comezar coa entrevista podería falarnos un pouco da historia deste lugar no que agora teñen este fermoso establecemento rural?

Reitoral de Castillón: A rectoral suponse que pertenceu a un señor rico e que ó non ter fillos ou non querer deixarlla, cedeu a propiedade á Igrexa. A partir de aí pasou a ser casa reitoral.

SdP: Despois de que nos dera unha pequena introdución queríamos saber se esta retoral sempre se atopou nestas perfectas condicións ou tivo que ser remodelada coma tantos outros edificios históricos da nosa contorna?

RdC: Cando se mercou levaba máis de 25 anos abandonada. Cando a Igrexa foi perdendo poder e xa non tiña criados nin xente que traballase para eles, o cura que alí vivía mantiña só o trozo de casa no que vivía e o resto deixouno caer. O último cura que viviu na rectoral, os últimos anos xa marchou a vivir á casa dun veciño.

BODEGA-1024x683.jpg

Imaxe do interior do comedor.

SdP: Cando comezou a rectoral a ser un establecemento de turismo rural e como foron eses comezos?

RdC: A Rectoral comezou coa súa actividade de turismo rural e restaurante no 2003. Os comenzos foron complicados xa que non nos coñecía ninguén e ningún de nós tiña experiencia na hostalaría. Pouco a pouco fomos atopando o noso sitio con moito esforzo.

SdP: A día de hoxe como ven á Rectoral de Castillón dentro do incontable número de establecementos de turismo rural da Ribeira Sacra?

RdC: A particularidade da Rectoral con respeto a outros establecementos de turismo rural é o feito de que dispón dun xardín de 15000 metros cadrados que é a característica que máis a pon en valor. Ten unha gran variedade de especies de árbores, plantas, estanque, pombeiro, etc. Outra das cousas máis apreciadas da Rectoral é o seu restaurante. Moi ben valorado tanto para comidas á carta como para banquetes.

23-XUÑO-2018-25-1024x768.jpg

O patio posto para unha celebración.

SdP: Como están en contacto co público que ven de fóra coñecer a nosa zona, por que lugares preguntan máis para visitar?

RdC: O que máis aprecian os turistas é o noso entorno natural: os ríos tanto Miño coma o Sil ademáis do románico e todo o relacionado co viño, tanto as adegas coma o viño.

SdP: Por último, como facemos normalmente, pedimos a opinión sobre un tema determinado. Esta vez é: cales cren que son as principais causas polas que o turismo rural está a crecer tanto na Ribeira Sacra?

RdC: Penso que a Ribeira Sacra estase a poñer un pouco de moda por varios motivos: o entorno privilexiado no que se atopa, a boa situación xeográfica (as praias tampouco quedan lonxe), publicidade que supuxo algún programa de televisión, un libro moi vendido, algunha promoción de institucións e sobre todo o grandísimo esforzo por parte dos profesionais de hostalaría e do mundo da viticultura, que traballamos sen rendernos ante as dificultades que moitísimas veces supón manter un negocio hoxe en día.

Unha galería de imaxes do interior das habitacións da Rectoral de Castillón.

bottom of page