top of page

Almas das Donas

Hoxe conversamos coa adega Alma das Donas, en Ribas de Sil na freguesía de San Vicenzo de Pombeiro. Onde falaremos da historia e de como vai ata día de hoxe.

 

Agradecemos un montón a súa participación e esperamos que vós guste!!

Segredos de Pantón: Para comezar a entrevista queríamos saber como chegaron dende Italia á Ribeira Sacra?

Almas das Donas: Eu son galega e o meu marido coñeceu Galicia hai moitos años cando veu face-lo Erasmus. Él é un namorado de Galicia e da Ribeira Sacra. Cando decidimos cumprir o noso soño, que era voltar a “terriña” e facer viño, tivemos moi claro que sería na Ribeira Sacra.


SdP: Como foi o feito de decidir mercar unha adega da zona  como era a Pena das Donas?
AdD: Xurdiu un pouco por casualidade. Cando supemos que a adega estaba en venta e reunía as características que andabamos buscando, non dudamos nin un momento en vir a coñecela. O noso foi amor a primera vista. Foi vela e ter moi claro que era o sitio perfecto para o noso proxecto.


SdP: Hai un elemento que nós chama a atención que é o seu nome. A que se debe o nome de Alma das Donas?
AdD: A verdade é que o nome de Pena Das Donas gustábanos moito, pero buscábamos algo que espresase un concepto diferente sen romper con todo o anterior. Despois de darlle moitas voltas, decidimos que a palabra ALMA axustábase perfectamente a nosa situación, para nos é cumprir un soño e poñer a alma nelo. Por outro lado, “Das Donas” gustábanos moito tamén porque simboliza e reforza o concepto do matriarcado en Galicia. Tiñamos claro que queríamos manter este concepto. Non solo a adega, os nosos viños tamén incluen a palabra ALMA. Almalarga é o noso branco godello, un viño cunha larga tradición na adega. AlmaLola, una aposta polo rosado feito coa uva Mencía. AlmaMadre, viño 12 meses barrica cunha calidade extraordinaria e una producción moi limitada, e AlmaTerra, o viño Mencía xoven, feito con moito mimo e mantendo sempre a mesma calidade. Sen dúbida, en todos eles refléxase a paixón, o esforzo e a alma do arduo traballo dos nosos viticultores.


SdP: Que proxectos empresariais teñen coa súa adega?
AdD: O noso obxectivo e consolidala produción e a comercialización do viño e dar a coñecer tanto a nosa marca como a zona onde nos atopamos. Nun futuro mais próximo queremos introducir a parte do enoturismo co fin de promocionar a nosa zona, os productos locais e as persoas que o compoñen. É importante ter os pés na terra e ser conscientes de que no sector do viño o factor tempo é o que marca as pautas.

Portada nueva.jpg

Unha panorámica dos seus viñedos cara o Sil.

SdP: Dentro dos viñedos que producen hai un moi especial que é o Almalarga; un viño branco elaborado con godello, uva típica da veciña denominación de Orixe Valdeorras pero non desta zona. A que se debe o emprego desta variedade?
AdD: A adega dende o seu inicio tivo unha longa tradición na produción de viño branco elaborado coa variedade Godello. Agora é unha variedade que se consolidou e está a ter moito éxito. Está claro que na nosa denominación non hai tanta produción como na veciña Valdeorras, pero cada viño é diferente dependendo da área na que se dé e de factores como o clima, o solo e o
cultivo. O noso obxectivo é competir cun viño non tanto en cantidade, senón na calidade que define esta área.

SdP: Dentro da Ribeira Sacra hai zonas moi coñecidas, coma é a ribeira do Sil de Sober ou a ribeira do Miño de Chantada. Pero a ribeira do Sil de Pantón é pouco coñecida, que lle ven de atractivo a esta zona?
AdD: : Hai áreas máis coñecidas dentro da Ribeira Sacra, pero hai tamén esquinas escondidas por descubrir e coñecer. Cada sitio é distintivo dentro da propia Ribeira.
Esta foi unha das razóns para chegar ás ladeiras de Pantón. Na Ribeira do Sil atopamos viñedos moi antigos que se alternan con terrazas abandonadas que a natureza volveu
 envolver, rodeándoos de bosque e onde non hai explotación masiva.

SdP: Para rematala entrevista cunha pregunta algo persoal, que lles chama máis a atención da zona da aldea de Ribas de Sil, xa que están no máis profundo do canón do Sil?
AdD: Seguramente polas vistas do rio Sil, a tranquilidade que rodea a zona e a continua sensación de estar dentro dunha postal.

008.jpg

Imaxe das barricas da adega do Sil.

A maiores de saír publicada nas nosas redes sociais a entrevista sae publicada no Xornal de Lemos, no seguinte enlace podedes acceder á entrevista na páxina web do medio:

http://xornaldelemos.gal/terra-de-lemos/3310-lara-santos-da-adega-alma-das-donas-vivir-na-ribeira-do-sil-crea-a-sensacion-de-estar-permanentemente-nunha-postal/

bottom of page