Entrevistas 2022
Asoc. Cult. "Segredos de Pantón"
Antonio Pazos
Desta vez conversamos con Antonio Pazos Bazán, artista de Pontevedra pero unido por amizades a Pantón. Así levou a cabo unha exposición das súas composicións artísticas. Nesta entrevista abordamos a forma de creación dos seus cadros e dos mesmos.
Agradecemos un montón a súa participación e esperamos que vós guste!!
Segredos de Pantón: Para comezar coa entrevista como se definiría vostede como artista, que técnicas prefire, ten algunha fonte de inspiración particular e ten algún referente?
Antonio Pazos Bazán: Para o min a obra que fago é un proceso natural, collo conchas, clasifícoas, acumúloas e logo trato de darlles a forma harmónica que mais me satisfai. Recordo de sempre o ir á praia e recoller conchas. É unha actividade entretida e moi relajante. Fágoo por entretemento e polo pracer de facer algo bonito. É sinxelo e calquera pode facelo. Todo o mundo as acumula e termina meténdoas nun bote de cristal e aí quedan. Chamoume sempre a atención o uso que se lle deu á concha plana de vieira nas Rías Baixas como azulexo nas fachadas das casas e comecei a repetir un cadro feito con estas vieiras ata o infinito. Este cadro está na casa de todos os meus familiares e amigos. Como digo repetino moitas, motísimas veces. Logo comecei a facer cadros pequentos con outros tipos de conchas, erizos, cangrexos e pedras, todo recollido na praia.
SdP: A súa obra “La luna y las mareas” é a súa primeira exposición, como foi esta experiencia?
APB: A experiencia desta primeira exposición foi moi enriquecedora e teño que agradecer este reto a Javier Gonzalez Díaz que pensou en min e no meu traballo para este espazo do edificio sociocultural do concello de Pantón.
Varios dos cadros de Antonio Pazos.
SdP: Como foi ou proceso creativo das obras desta colección? Pretende amosar realidades diferentes en cada peza?
APB: Esta exposición de “La luna y las mareas” ven dunha proposta dun amigo do concello, Javier, a comezos de ano na que traballei desde entón. Saquei materiais que tiña desde fai moito tempo acumulados e outros cos que xamais pensara traballar. Con eles construín un ciclo inédito: un calendario lunar: 28 cadros de 30x30. Traballei con opérculos, ofiuros, vieiras, erizos, anacos de erizos, lapas, longueirones, peneiras, cornechos etc. As conchas usadas son todas recollidas en Galicia sobre todo nas rías de Vigo e Pontevedra. Cada praia dá un tipo de conchas. Co tempo aprendín a buscalas en sitios concretos e en estados do mar tamén diferentes. Deixar libre a imaxinación ata onde ela chegue. Todas as pezas son distintas, orixinais e únicas, representan todas á lúa e o reto é atopar en cada un dos materiais a harmonía interna a partir da xeometría do azaroso da orde e do caos e que xurda un mundo de texturas, formas, debuxos e matices de cor que están en potencia dentro das conchas, caracolas ou corales que emprego
Un dos seus mosaicos de cadros máis famosos.
SdP: Como lle veu a inspiración para este traballo? E o nome?
APB: A miña forma de traballo é un continuo tenteo de formas, modos e xeitos de colocar as pezas, ou sexa, a composición. De modo q hai unha chea de cadros que nunca ven a luz quedándose na mesa de traballo. E o título da exposicion “La luna y las mareas” alude a que recoller as conchas está sempre determinada polas mareas e estas pola acción da lúa. E na metade do Camiño de Inverno a Santiago que pasa por estas terras da Ribeira Sacra a concha do peregrino é un elemento representativo da costa que se fai presente no interior.
SdP: Para rematar dunha forma máis persoal, no seu día a día hai elementos que o inspiren para a creación artística?
APB: A natureza é a miña principal fonte de inspiración. A historia da arte, distintas tradicións artesáns (textis, cestería, brocado ou a xoiaría), os mandalas orientais, a xeoloxía, a bioloxía, os fractais, a xeometría, a arte abstracto, a astronomía.... ! O mundo!
Outro dos seus cadros.
A maiores de saír publicada nas nosas redes sociais a entrevista sae publicada no Xornal de Lemos, no seguinte enlace podedes acceder á entrevista na páxina web do medio:
http://xornaldelemos.gal/cultura/11998-antonio-pazos-bazan-leva-a-panton-os-segredos-do-mar/