Entrevistas 2022
Asoc. Cult. "Segredos de Pantón"
Turismo de Pantón
Desta vez conversamos coa empresa de turismo, Turismo Pantón, unha empresa que diversifica a oferta das ribeiras. Así falaremos da súa creación e dos seus proxectos.
Agradecemos un montón a súa participación e esperamos que vós guste!!
Segredos de Pantón: Para comezar coa entrevista, sabemos que fai pouco que comezaron. Como empezaroncon esta iniciativa?
Pantón Turismo: Logo dun tempo suscitándonos a posibilidade de crear unha iniciativa en Pantón, decidímonos a montar unha empresa de turismo para dar a coñecer un pouco máis a zona de Pantón.
Pensamos que co noso coñecemento da zona e todas a posiblidades que esta nos pode ofrecer, podiamos dar unha perspectiva distinta á xente que vén coñecer a Ribeira Sacra.
SdP: Sabemos que agora a “Ribeira Sacra” ten moitos turistas e a par moitas empresas turísticas. Frente a esta situación que ofrecen para demarcarse?
PT: Flexibilidade. Os nosos plans adáptanse ás demandas dos turistas, creando plans individuais, sen tempo nin lugares, nin percorridos únicos.
Gústanos coñecer as motivacións e necesidades da xente e así crear un plan personalizado para cada un deles.
Intentamos transmitir un sentimento pola Ribeira Sacra.
Por ese motivo, gústanos traballar con grupos pequenos e reducidos, cos cales podamos interactuar e mostrar toda a riqueza que Pantón nos ofrece.
Unha imaxe dos paseos polo Miño que ofrecen.
SdP: Dentro da súa oferta turística vemos que as ribeiras e o viño son os claros protagonistas. Pensan viable realizar actividades en parroquias interiores?
PT: Por suposto. De feito as ribeiras e o viño é moi fácil de mostrar, así como de podelos apreciar.
Quizais nestes poucos meses que levamos facendo plans, déronse a coñecer máis as rutas fluviais que as rutas rurais, xa que no verán é un tempo no que se presta máis este tipo de actividades.
Pero cos nosos plans en 4x4, é onde os nosos clientes descobren os nosos pobos, as nosas costumes e a cantidade de lugares espectaculares que Pantón nos ofrece. Gústanos interactuar coa xente dos pobos e que eles poidan explicar as nosas costumes, o noso pasado e a nosa cultura, podendo coñecer a Ribeira Sacra en todos os seus sentidos.
SdP: Aínda que a súa empresa sexa nova, teñen algúns obxectivos ou metas que se propoñen acadar?
PT: O noso obxectivo é continuar dando a coñecer o Concello de Pantón, xa que creemos que é unha zona de moitísimo encanto aínda por descubrir e con moitas posibilidades.
Unha panorámica onda o mirador de Pena Pombeira.
SdP: O perfil do turista que contrata con vostedes as actividades, que elementos o atraen aquí e que espera ver nesta nosa terra?
PT: Levámonos unha grata sorpresa ao poder comprobar a cantidade de xente que nos visita de diferentes lugares e de diferentes países. Xeralmente, veñen buscando as muras, o viño e o románico, atraídos por toda a publicidade que se está dando da Ribeira Sacra. Aínda así, vense sorprendidos pola gran riqueza que Pantón desprende, tanto polas súas paisaxes, fauna e flora singular, as súas xentes, a súa gastronomía?
SdP: Se tiveran que ensiñarlle a un turista un lugar realmente descoñecido de Pantón, cal amosarían?
PT: Cada vez quedan menos sitios descoñecidos, pero Pantón é capaz de descubrirnos lugares aínda virxes, por exemplo a Ribeira do Cabe, unha das grandes descoñecidas. Invitamos aos lectores a descubrir e coñecer o lugar máis alto do concello de Pantón (aí o deixamos).
A igrexa de San Vicenzo de Pombeiro.
A maiores de saír publicada nas nosas redes sociais a entrevista sae publicada no Xornal de Lemos, no seguinte enlace podedes acceder á entrevista na páxina web do medio: