top of page

Cachenas de Pantón

Falamos hoxe con Ramón Vázquez, gandeiro e carniceiro, que ten a gandería "Cachenas de Pantón" e unha tenda en Monforte de Lemos. Así falaremos desta empresa e da propia raza de vacas cachenas.

Agradecemos un montón a súa participación e esperamos que vós guste!!

Segredos de Pantón: Para comezar coa entrevista queríamos saber a que se debe ese amor polas razas autóctonas que ten vostede, xa que vimos que aparte de ter animais de raza Cachena ten exemplares de ovella galega e de galiña de Mós?

Cachenas de Pantón: Despois de participar varios anos en feiras, mercados e festas de razas autóctonas e degustación das carnes desas razas autóctonas, decantei pola cachena que tiña un sabor ao paladar diferente. Despois estudiei a viabilidade da raza ca zona e vin que Pantón era un hotel de 5 estrelas para estes animais . Dado que é unha raza enana e de alta montaña, que soporta baixas temperaturas como as nevadas, non precisa unha alta calidade na alimentación como outras razas de vacas, deféndese dos outros depredadores soltos como os lobos, cans, etc. E conviven con corzos, raposos e xabarís sen problema. No tema respecto ás ovellas, a carne parécese máis o cabrito que ao de año aí o meu capricho e por último a galiña e galo de Mos, cos que levo convivindo moitos anos e nunca me decepcionaron para facer os mellores menús, tanto a carne coma os ovos.

Cachenas-de-Panton-Eurolemos-Monforte.jp

Imaxe da tenda de Ramón Vazquez, en Monforte de Lemos.

SdP: Sabemos que en Galicia existen numerosas razas autóctonas de vacún a que se debe a súa elección por esta raza, ao non ser moi empregado na nosa bisbarra?

CdP: Podo decir que das cinco razas e a máis pequena, a dos cornos máis bonitos, e a mirada perfilada con lapis negro embelesoume.

SdP: Vostede en que prefire a raza Cachena ante outras Morenas do Noroeste?

CdP: Como aínda conservo bastante o paladar dos antergos centrándome no sabor das carnes, as outras razas son boas pero esta é especial. Traballo con xente moi esixente e con moi bo paladar. Este é un producto totalmente natural, nace no monte, críase no monte, tomando leite da nai e pasto.

SdP: Temos constancia que o seu camiño cas vacas Cachenas comezou no ano 2014, a día de hoxe como vai e cara onde espera que evolucione a súa explotación no futuro?

CdP: No futuro quero que todo o mundo teña probado esta carne e despois que cada un decida.

WhatsApp Image 2019-04-10 at 18.39.28 (1

Un boi de raza cachena da explotación.

SdP: Se queremos mercar a súa carne onde poderíamos realizalo e que corte nos recomendaría?

CdP: O meu número de teléfono de contacto é o 600869578 e o punto de venta directa é en Monforte de Lemon, Rúa Chantada 15 Baixo. Realizamos envíos a calquera punto de España. Segundo a receita que queira facer o cliente, recoméndaselle o corte axeitado. Pero para unha degustación rápida entre amigos sería unha croca fileteada fina cunhas areas de sal, un taco de pan e unha copa de viño da nosa Ribeira Sacra para acompañar.

SdP: Para rematar ca entrevista dende un punto de vista máis persoal, cal é o seu prato favorito con carne de Cachena?

CdP: Todas as receitas que se empregan con carne cachena son esquisitas, por ser esta época, a máis indicada sería carne de cachena guisada con cogomelos ou castañas pilongas. É unha carne que dá moito xogo, polo que fixemos varias probas como facer salchichóns, chourizos, hamburguesas e cocida. Espero que non vos defraude.

WhatsApp Image 2019-04-10 at 18.39.26.jp

Parte do rabaño de cachenas en Pantón.

A maiores de saír publicada nas nosas redes sociais a entrevista sae publicada no Xornal de Lemos, no seguinte enlace podedes acceder á entrevista na páxina web do medio:

http://xornaldelemos.gal/opinion/9895-a-mirada-perfilada-con-lapis-negro-embelesoume-ramon-vazquez-criador-de-tenreira-cachena/

bottom of page