Entrevistas 2022
Asoc. Cult. "Segredos de Pantón"
II Concurso Fotográfico de Nadal Segredos de Pantón.
Aquí traémosvos as bases do noso concurso fotográfico:
1. Temática.
As fotografías deben de reflexar paisaxes outonais e invernais de Pantón de calquer tipo pero sempre que sexan no noso concello.
2. Participantes.
Calquer persoa amante de Pantón e da fotografía, os menores deberán de ter unha autorización correspondente dos seus titores legais.
3. Obras.
Cada participante poderá enviar só unha imaxe en cor, que deberá de ser autoría súa e que non fora premiada con anterioridade. Xa que de non ser así quedaría automaticamente descalificada ao sábelo e retirarémoslle o premio de conseguilo.
A temática será libre. Non se aceptarán fotografías pintadas ou manipuladas, montaxes, nin collages.
4. Presentación.
Enviar por algún dos seguintes medios a súa imaxe:
As redes sociais son:
Facebook: Segredos de Pantón
Twitter: @OsSegredosdoVal
Instagram: @segredos_de_panton
Correo electrónico: segredosdepanton@gmail.com
Teléfono (WhatsApp): 662 669 223
Indicando o nome da fotografía o lugar e o nome da parroquia onde foron sacadas.
5. Prazo.
O prazo de envío das imaxes dará o comezo o día 29 de novembro de 2019 e rematará o 31 de decembro ás 12 h. Logo o día 6 de xaneiro de 2020 ás 17:00 horas rematará o prazo de votación.
6. Xurado.
O xurado será a propia xente que vote no Doodle para que todo o mundo con redes sociais ou sen ela poidan votar. Tan só precisarase acceso a internet e un correo electrónico.
De ter un empate serán os membros do colectivo Segredos de Pantón que desempatarán.
Premios:
1º Premio: Cesta con: Chacina de Cachenas de Pantón, 2 packs Finca Míllara, lote panadería Chimpa, menú degustación 2 pers. Rectoral de Castillón, 1 pixama Rosal Moda e lote de panadería Tarrazo.
2º Premio: Cesta con: 1 pack Finca Míllara, lote O fogar dos soños, paseo en zodiac para 2 pers. de Turismo Pantón, 1 botella Vertixe, 1 botella AlmaLola e 1 carteira Asesoría O Castro .
3º Premio: Cesta con: 1 pack Finca Míllara, lote Casa da Fonte, libro "Galicia, nosa ledicia" de Estudio Gnomo, lote Tuta Fruta e1 botella Vertixe.
1º Posto: ”Inverno máxico no Cotillón” O Cotillón (San Romao de Acedre). Con 134 votos.
2º Posto: ”Cruce de camiños” Galegos (San Vicente de Castillón). Con 131 votos
3º Posto: ”A fervenza” Río Carabelos (San Romao de Moreda). Con 91 votos.