Entrevistas 2022
Asoc. Cult. "Segredos de Pantón"
III Concurso Fotográfico de Nadal Segredos de Pantón.
Aquí traémosvos as bases do noso concurso fotográfico:
1. Temática.
As fotografías deben de reflexar paisaxes outonais e invernais de Pantón de calquer tipo pero sempre que sexan no noso concello.
2. Participantes.
Calquer persoa amante de Pantón e da fotografía, os menores deberán de ter unha autorización correspondente dos seus titores legais.
3. Obras.
Cada participante poderá enviar só unha imaxe en cor, que deberá de ser autoría súa e que non fora premiada con anterioridade. Xa que de non ser así quedaría automaticamente descalificada ao sábelo e retirarémoslle o premio de conseguilo.
A temática será libre. Non se aceptarán fotografías pintadas ou manipuladas, montaxes, nin collages.
4. Presentación.
Enviar por algún dos seguintes medios a súa imaxe:
As redes sociais son:
Facebook: Segredos de Pantón
Twitter: @OsSegredosdoVal
Instagram: @segredos_de_panton
Correo electrónico: segredosdepanton@gmail.com
Teléfono (WhatsApp): 662 669 223
Indicando o nome da fotografía o lugar e o nome da parroquia onde foron sacadas.
5. Prazo.
O prazo de envío das imaxes dará o comezo o día 1 de decembro de 2020 e rematará o 31 de decembro ás 12 h. Logo o día 6 de xaneiro ás 17:00 horas rematará o prazo de votación.
6. Xurado.
O xurado será a propia xente que vote no Doodle para que todo o mundo con redes sociais ou sen ela poidan votar. Tan só precisarase acceso a internet e un correo electrónico.
De ter un empate serán os membros do colectivo Segredos de Pantón que desempatarán.
Premios:
1º Premio: Cesta con: 1 Noite para 2 persoas en Fogar do Pumar , Lote de produtos de Cachenas de Pantón, 2 packs Finca Míllara, 2 botes de mel do O Noso Mel, Comida para 2 persoas nun restaurante por Arribeirados, Visita guiada á Rectoral de Castillón e cata de viños, 1 botella "Vertixe" de Adega Sernande e 1 Paraugas de Tenda Rosal Moda.
2º Premio: Cesta con: 1 pack Finca Míllara, Lote de produtos de O Fogar Dos Soños, Paseo en zodiac para 2 persoas de Turismo Pantón, 1 botella barrica Casa Moreiras, 1 botella AlmaLola de Alma Das Donas, 1 bufanda de Rosal Moda, 1 botella "So What" de Adega Sernande e 1 Taza + Bolígrafo para Móbil e Tablet de Asesoría O Castro.
3º Premio: Cesta con: 1 Visita guiada por Pantón de Galsentur, Vale por 25 € no taller de costura de Teresa Lamela , 1 pack Finca Míllara, lote Casa da Fonte, Libro "Grandes Receitas" de
Estudio Gnomo, lote de Tuta Fruta (Marmelada de framboesa e Zume de mazá), 1 Chaleco impermeable de Rosal Moda, 1 botella "So What" de Adega Sernande e 1 botella barrica de Casa Moreiras.
1º Posto: ”Virxe das Augas” no Santuario de Recerendes (San Xulián de Eiré). Con 207 votos.
2º Posto: ”O tren e a vida pasan... Sé feliz mentras "podas" ”no Cotillón (San Romao de Acedre). Con 139 votos.
3º Posto: "A illa” Na illa de Porcís (San Andrés de Ribeiras de Miño). Con 85 votos.