top of page

Perriturismo

Hoxe conversamos con Paula G. de Perriturismo,  unha empresa innovadora no que realiza. Así falaremos de como a fundou e de como vai.

Agradecemos un montón a súa participación e esperamos que vós guste!!

Segredos de Pantón: Para dar inicio á entrevista unha pregunta persoal, sabemos que vostede é de Vigo. Que chamou a súa atención para que se viñera instalar na Ribeira Sacra? 

Perriturismo: A miña familia é toda de Pantón dende hai varias xeracións, aínda que os meus pais marcharon para Vigo moi novos, nós viñamos cada 15 días á aldea a ver á familia. Eu era a máis aldeana: en canto remataba as clases víñame coa miña avoa a Ferreira a pasar todo o tempo que podía. De feito dende que rematei de estudar vivín en moitísimos sitios por toda España, pero sempre en pequenas aldeas, perdida no monte. Sempre digo que nacín aldeana e o son por convición. Antes de mudarme definitivamente á Ribeira Sacra, no 2012, estaba de delegada do diario "20 Minutos" en Vigo, e cando fixeron o ERE e pecharon todas as delegacións decidín apostar por volver á miña terra de corazón. Montei unha empresa de comunicación dixital que me permitira traballar na casa e xa ós dous anos inventei ó Perriturismo, e destas dúas pequenas empresiñas vivo.

 

 

DSC_0176.jpg

Un "perriturista" saltando en Pena Pombeira.

DSC_0015.jpg

SdP: Para meternos en materia queríamos saber como naceu Perriturismo? 

Per: Todo comezou gracias ás miñas cadelas: eu teño unha páxina, www.perrunadas.com, na que fun subindo rutas para facer co teu can. Como subía moitísimas da Ribeira Sacra atopeime con que mogollón de xente coñecida ou coñecida por redes me escribía para pedirme que lles axudara a buscar un aloxamento para ir co can e para que os acompañara a ver sitios chulos con eles. E un día pensei: se monto unha empresa para ofertar esto, vendo o tirón que ten.... que pasará? E así naceu Perriturismo hai xusto agora tres anos.

 

 

SdP: Vostede pensa que agora cada vez a xente desfruta máis das súas vacacións cos seus cans? 

Per: Téñoo clarísimo. Para os que temos cans son parte da familia e poder pasar as vacacións con eles é unha marabilla.

Vistas dende o Mirador das Marabillas.

SdP: Que opina a xente que ven visitar a Ribeira Sacra por vez primeira? 

Per: Quedan sen palabras. Da maneira que traballa Perriturismo teñen que camiñar, adentrarse na Ribeira Sacra, coñecer o traballo das pequenas adegas, o románico... Teño grupos moi pequenos, nunca máis de 10-12 humanos, e esto permíteme facer un turismo de calidade, á carta, e ó ser plans dun día enteiro a xente non se limita a ver un sitio ó que chega en coche: desfrutan do paraíso de verdade.

 

SdP: Para rematar a entrevista unha pregunta especial. Se tivera que facer unha viaxe por Pantón que lugares serían os imprescindibles? 

Per: O meu sitio favorito, non só de Pantón senón de toda a Ribeira Sacra é o castro de Marce. Cada vez que subo e me sento alí nas rochas coas miñas cadelas teño a mesma sensación de estoupar de beleza, un síndrome de Stendhal de libro! O seguinte é o miradoiro das Marabillas, tamén en Marce, un lugar pouco coñecido e cunha vista alucinante ó Miño, e co plus de poder ver a aldea de A Míllara, que é espectacular. E logo non podo deixar de citar os miradoiros da Cruz e Pena Pombeira, para min moi especiais.

DSC_0029.jpg

Vistas de Pena Pombeira, ao anoitecer.

bottom of page