Entrevistas 2022
Asoc. Cult. "Segredos de Pantón"
O Fogar dos Soños
Desta volta falamos na nosa entrevista con Tamar e Carmen, de "O Fogar dos Soños" empresa de artesanía de cosmética natural e de costura, situada na pequena parroquia de San Fiz de Cangas.
Agradecemos un montón a súa colaboración neste espazo e esperamos que vós guste a entrevista!
Segredos de Pantón: Para comezar a ver a historia deste proxecto, como naceu esta idea e con que piares?
O Fogar dos Soños: A idea naceu da gran imaxinación e das ganas que ten Tamar de complicarnos a vida, jajaja. Ela propuxo a idea, gustounos, e dixemos, pois por que non probar?
Os principais piares do noso proxecto son, por un lado, mostrarlle á xente que volver ao natural e artesán non está nada mal, ademais de que temos que pensar que as zonas rurais están a quedar baleiras, polo que con ideas coma esta, podemos axudar a que a xente saiba que a vida nas aldeas é fantástica!
Por outro lado, gústanos moito o contacto coa xente, polo que, que mellor que este proxecto para levalo a cabo.
SdP: Por que escolleron o nome “ O Fogar dos Soños”? E o tulipán no seu logo?
OFdS: A razón do nome é moi sinxela, no fogar que nos formamos gustamos moito soñar, tanto en grande como en pequeno, e cremos que hoxe en día os soños son moi importantes, así que porque non compartir cos nosos clientes e amigos esos soños?
O tulipán foi o que digamos unha pequena casualidade, cando Tamar comezou a facer xabón comprou un selo para estampar nos produtos, e nos na casa cando é a época deles sempre os plantamos, de moitos tipos, así que buscando un logo pensamos, pois porque non un tulipán? E falando con Pablo, o autor e debuxante do logo, que é un amigo de Tamar dende que son ben pequenos, pois foi o que resultou, un precioso debuxo do que estamos moi orgullosas.
Tamar e Carme con parte das súas creacións.
SdP: Que productos realizan? Só cosmética ou algo máis?
OFdS: Pois a verdade é que nos gusta facer un pouquiño de todo, pero non so cosmética natural. Tamén facemos traxes medievais, disfraces para maiores e pequechos, ajuares para os máis pequeniños e tamén amoldámonos as ideas que a xente nos propón, xa que o que mais nos gusta é personalizar as cousas para que sexan especialmente feitas para cada persoa.
No apartado de cosmética natural facemos unha ampla variedade de cousas, dende un montón de tipos de xabóns, champús, desodorantes, acondicionadores e serums sólidos, ungüentos, bálsamos labiais. Agora estamos empezando a probar tamén maquillaxe sólido e temos moitas cousas máis que están por vir.
Como podedes ver a maioría do que facemos vai en formato sólido, moita xente preguntanos porque tomamos a decisión de facelo así. A razón é moi sinxela, decidímonos a ofrecer esta modalidade de produtos para aportar o noso graniño de area á loita contra os plásticos dun só uso e a axudar ao noso planeta, xa que só temos un, e non se nos está dando moi ben coidalo.
Tamén na costura reciclamos e reutilizamos, xa que lle damos unha nova vida a prendas que xa non usamos.
Uns xabóns artesanais, parte da súa oferta.
SdP: Como podemos facer se queremos mercar algunha das súas creacións?
OFdS: Pois a verdade é que nos gusta moito o trato cos nosos clientes, polo que preferimos a venda directa. Usamos sobre todo as redes sociais para dar a coñecer os nosos produtos. Non temos problema ningún en mandar os nosos produtos por correo postal, é máis, xa o estamos a facer.
Tamén temos un pequeno estante con algúns dos nosos produtos na granxa ”Casa Da Fonte”.
Recentemente abrimos tamén unha pequena tenda online na que se poden mercar e ver tódalas características das cousiñas que facemos.
SdP: Fai pouco que deixamos a época do Nadal atrás, que propostas tiveron para estas datas? E que tal foron as vendas?
OFdS: Pois tivemos unha proposta en especial, o primeiro sorteo de “O Fogar Dos Soños". A verdade é que estamos moi contentas, xa que o fixemos a modo de proba e sorprendeunos, xa que tivo moi boa acollida e unha numerosa participación.
Outra nova foi grazas a un moi bo amigo de “O Fogar" que nos pediu que lle fixerams un par de cestas para agasallar cunha ampla variedade dos nosos produtos, cousa que non se nos ocorrera. Despois disto tivemos varios pedidos máis delas.
Das vendas non nos podemos queixar para nada, para estar comezando tivemos unha gran acollida e a xente queda encantada cos nosos productos, gústanlles e o mais importante, repiten, cousa que é xenial, xa que nós di que estamos a facer as cousas ben.
Mostra dos seus traballos.
A maiores de saír publicada nas nosas redes sociais a entrevista sae publicada no Xornal de Lemos, no seguinte enlace podedes acceder á entrevista na páxina web do medio: