top of page

Doa Oa

Segredos de Pantón : De onde xurde a súa paixón polos murais?

Doa Oa: Descubrín o poder comunicador que ten a expresión de gran tamaño nos espazos públicos cando estudiaba belas artes e comecei a coñecer a outros artistas que utilizaban este medio expresivo e paréceme a mellor maneira de chegar a un maior numero de ollos e sen ningún tipo de censura. Dunha maneira máis libre, e a liberdade parece esencial.

32881766_1964985663572478_23136521745858

Un mural nunha subestación eléctrica.

Hoxe traemos unha entrevista realizada a Doa Oa, artista de murais que ten realizado obras por moitos lugares, Grecia, Comunitat Valencià ou sen ir máis lonxe no Castro de Ferreira ou en Frontón.

Agradecemos a súa colaboración nesta nosa sección e desexámoslle o mellor na súa carreira profesional.

SdP: A maioría dos seus murais son con motivos vexetais a que se debe isto?

DO: Son parte dun proxecto chamado Reforestando. De feito, dedícome a pintar murais debido a este proxecto Reforestando, que nace dunha vontade de axudar á natureza a recuperar espazos artificiais abandoados no medio da natureza, tal como fai a vexetación na vida real, crecendo sobre as construcións abandoadas. Para o cal a pintura mural pareceume a técnica mais axeitada. Antes de dedicarme a reforestar cos murais, os poucos murais que pintei foran anecdóticos.


SdP: Cantas obras levou a cabo na Ribeira Sacra?

DO: Sobre 15, 16 , tal vez algún máis, unhas maiores e outras menores e non todas
demasiados visibles.

32914577_1964997336904644_90276610243999

Un edificio na vila dos Peares cun mural en toda a súa fachada.

SdP: Fai pouco visitando Frontón descubrimos un mural seu en pleno monte dunha edificación pintada con toxos e alecríns. Quen lle encargou esta obra? E por que escolleu este motivo para o mural?
DO: Non foi encargado por ninguén, senón que foi iniciativa miña. Formou partedunha serie de 10 murais realizados pola Ribeira Sacra, que eran un proxecto que recibiu unha beca de produción chamada "becas de creación joven Injuve". Entón recibín unha axuda económica para realizar algunhas obras e eu procuraba espazos que me parecían de interese e xestionaba os permisos, para despois poder pintalos.
Escollín ese motivo porque o toxo é unha especie que crece naturalmente nos montes que nos tamén habitamos, paréceme que ten unha importancia grande suficiente ser da zona como para facerlle un retrato; tamén me interesa retratar especies que teñen importancia na vida das persoas, xa sexa a través de usos na vida cotiá, mediciñas tradicionais, usos culinarios, etc... e eu sendo nova, vin algún que outro toxo pasar nos remolques da xente do campo.

32818001_1964985843572460_83372605578747

Un mural na fachada do edificio da piscina do concello de Sober.

A maiores de saír publicada nas nosas redes sociais a entrevista sae publicada no Xornal de Lemos, no seguinte enlace podedes acceder á entrevista na páxina web do medio:


http://xornaldelemos.gal/medio-ambiente-patrimonio/5008-5008/

bottom of page