Entrevistas 2022
Asoc. Cult. "Segredos de Pantón"
EcoFinca Tanquián.
Nos últimos anos, evidenciouse un incremento da conciencia ambiental en resposta aos fenómenos meteorolóxicos anómalos que estamos a vivir.
Emporiso, son moitas as iniciativas que perseguen o alcance dunha sociedade sustentábel, na que se preserven os recursos naturais, vivindo en equilibrio coa natureza e favorecendo a súa conservación. Unha destas iniciativas é a que naceu na Ecofinca de Tanquián, unha finca ecolóxica, emprazada nunha propiedade histórica de Pantón, autosuficiente de frutas e verduras. Unha auténtica xoia natural rodeada de bosques de caducifolias, viñedos e prados por onde transportan as súas augas pequenos regatos. Para falarnos deste proxecto solidario “Regenerar, Reusar, Reaprender” contamos con May Baker, unha das súas integrantes.
Nos últimos anos, evidenciouse un incremento da conciencia ambiental en resposta aos fenómenos meteorolóxicos anómalos que estamos a vivir. Emporiso, son moitas as iniciativas que perseguen o alcance dunha sociedade sustentábel, na que se preserven os recursos naturais, vivindo en equilibrio coa natureza e favorecendo a súa conservación. Unha destas iniciativas é a que naceu na Ecofinca de Tanquián, unha finca ecolóxica, emprazada nunha propiedade histórica de Pantón, autosuficiente de frutas e verduras. Unha auténtica xoia natural rodeada de bosques de caducifolias, viñedos e prados por onde transportan as súas augas pequenos regatos. Para falarnos deste proxecto solidario “Regenerar, Reusar, Reaprender” contamos con May Baker, unha das súas integrantes.
Boas May, agradecerche, neste primeiro momento, que nos adiques este tempo para falares deste fermoso proxecto. Cóntanos, como xurdiu esta idea?
Boas, grazas a vos. Este proxecto práctico xurdiu en resposta á problemática da excesiva explotación dos recursos naturais da Terra e en resposta ás políticas moi pouco ambiciosas medioambientalmente. De aí, floreceu esta idea no noso entorno inmediato, na nosa propia finca e no noso fogar, facendo un bo uso dos recursos naturais dos que dispomos aquí, na Galicia rural.Cantas persoas se atopan involucradas nesta iniciativa?
Actualmente somos 5 integrantes, entre 25 e 30 anos, a meirande parte mulleres e maiormente de aquí, da contora. Co tempo queremos chegar a un maior número de persoas que participen nestas iniciativas.
Para a elaboración do proxecto contastes con algunha axuda externa?
Si, claro. Redactamos un programa e presentámolo como Proxecto Solidario para a Unión Europea, o cal foi aceptado cunha pequena contía para a dotación dos materiais necesarios para poder levar a cabo dito programa.
Unha imaxe nunha das actividades do proxecto.
Cales son esas ideas do proxecto?
Pois levamos a cabo a construción dun baño de compostaxe ou baño seco, así como a elaboración de camas de xardín de autorrego, dun deshidratador solar para uso público, a creación dun sistema de recollida de auga pluvial. Tamén contamos coa instalación de colmeas para a polinización dos bosques locais, ademais da exploración do uso de micelio e fungos para filtración da auga.
Tivestes algunha influencia a hora de elixir o programa?
Si, por exemplo unha delas foi dun amigo de Portugal que levou a cabo un proxecto similar recibindo esta axuda coa que estaba a lograr cousas incribles na súa aldea. Por outro lado, outro amigo da Torre de Vilamirón (Pantón) que se atopaba investigando o uso de fungos para a filtración de diversas masas de auga, o cal nos chamou moito a atención, sobre todo polo estado no que actualmente se atopan as augas pola contaminación. Existen varias investigacións, dispersas por varios puntos do planeta, que estudian estes organismos, sobre todo para a depuración das augas residuais urbanas.
Entón, por que non aproveitar, de forma sustentábel, este recurso natural, sen ningún tipo de custe medioambiental?A maioría das outras ideas xurdiron aquí, na ecofinca de Tanquián.
Unha fotografía na Ecofinca Tanquián.
Resulta unha mágoa que as institucións e outros órganos se impliquen tan pouco na posta en marcha e estudio de iniciativas. Cal crees que o problema?
Os intereses duns poucos en agarrarse aos beneficios económicos sen importar o custe ambiental que implique.
Que acollida tiveron na sociedade, especialmente no concello de Pantón?
O proxecto gozou dunha grande acollida na comunidade local e deunos unha gran esperanza. Viñeron alumnas e alumnos do IES a Pinguela, do concello veciño de Monforte de Lemos, que participaron nunhas xornadas sobre recursos renovábeis e a vida sostíbel, aprendendo o funcionamento do baño seco. Tamén, veciñas e veciños da asociación Toupas experimentaron a extracción da mel e cera dos paneis de abellas.
No canto do propio concello percibimos unha falta de maior apoio, non obstante esperamos que nun futuro próximo se implique máis.
Esperemos que si May, non so o concello de Pantón se non tamén os municipios veciños. Moitas grazas de novo May, por adicarnos parte do teu tempo, esperamos ter máis novas destes bonitos proxectos.
Unha imaxe dunha visita enmarcada nesta iniciativa.
Esperemos que si May, non so o concello de Pantón se non tamén os municipios veciños. Moitas grazas de novo May, por adicarnos parte do teu tempo, esperamos ter máis novas destes bonitos proxectos.
A maiores deixámosvos co enlace da páxina web da Ecofinca Tanquián para ver todo o que fan e se quixerades mercar algún dos seus produtos: