Entrevistas 2022
Asoc. Cult. "Segredos de Pantón"
Ecolagar O Barqueiro.
Na entrevista de hoxe temos o pracer de conversar cos impulsores co proxecto de turismo rural e de aposta clara polo entorno rural. Así falaremos con Carlos quen contaranos algo máis sobre tres aloxamentos que atopamos na parroquia de Santo André de Ribeiras de Miño e dunha cantina de aldea das de antes pero algo moderna. Non perdades esta oportunidade de coñecer algo máis sobre o seu traballo!
Mil grazas a todos por atendernos e resposatar a tódalas nosas preguntas.
Para comezar coa entrevista gustaríanos saber algo máis de vós cunhas preguntas rápidas:
-
De onde sodes? Somos emprendedores que proceden de diferentes partes de Galicia. Dous dos socios son ourensáns, outro vive actualmente entre Asturias e Baiona, e por último, eu que vivo na Coruña.
-
Por que adicarvos ao mundo do turismo? Un dos socios ten xa iniciativas de alquiler vacacional e turismo rural en marcha, desde fai moito tempo. Parécenos unha boa forma de reinvertir nun sector que permite unir o esforzo de conseguir un negocio rentable e, ó mesmo tempo, ser unha iniciativa social que permite rehabilitar e darlle vida a entornos de poboación e contribuir cun graiño de area a crear riqueza e intentar conservar o patrimonio natural da zona.
-
Sodes máis de ribeira ou de montaña? Sempre das dúas cousas. Cada cousa no seu tempo, pero non entendemos Galicia sen contar coas dúas alternativas.
-
Por que en Pantón e non noutro concello da contorna? Neste caso porque se deron as circunstancias de poder invertir no Concello de Pantón e porque nun determinado momento coñecimos a posibilidade da casa antiga do Barqueiro da zona. Pareceunos unha oportunidade counha historia detrás francamente inmellorable.
-
Se puiderades conversar cos barqueiros de antes das ribeiras que lle preguntariades? Pois conversamos cos anteriores propietarios, fillos do barqueiro da zona. A min persoalmente sempre me chama a atención e gustaríame saber moito máis dos negocios clandestinos que podía haber neses entornos, das anécdotas e vivencias ocorridas con todos aqueles que nalgún momento usaron ese servicio.
Logo do Ecolagar do Barqueiro.
Dende agosto de 2021 contades con 3 casas para turismo rural. Contádenos un pouco sobre a vosa experiencia.
Actualmente contamos con 3 vilas independentes en aluguer e unha zona común onde se implantou o local social, bar-tenda La Moderna. A capacidade entre as 3 vilas é de 16 persoas e actualmente conta con moi boa aceptación por parte dos hóspedes que a visitan. As valoracións nas principais plataformas son calificadas como “excepcionais”con puntuacións do 9,6. O que valoran principalmente os hóspedes é a alta calidade das instalacións, o poder estar nun entorno totalmente illado, pero ó mesmo tempo conectado co resto do mundo con tecnoloxías que permiten desfrutar dos mesmos servicios que terías en calquera hotel de alto nivel, situado nunha cidade calquera do mundo.O entorno, a tranquilidade, a amabilidade da persoa que xestiona a casa, a limpeza, os detalles… son algunhas das características que valoran os nosos hóspedes. A experiencia está sendo moi satisfactoria, o que nos permite traballar xa na ampliación.
Como está a ser a aceptación de "La Moderna"? De onde xurdiu esta orixinal idea?
A idea de “La Moderna” xurdiu básicamente por necesidade. Os socios procedemos do mundo tecnolóxico e coñecemos as tecnoloxías en auxe que se están poñendo en marcha en diferentes partes do mundo, coa idea de comprar productos sen atención personalizada. No noso caso, o entorno no que se ubica o complexo, é de difícil acceso, e sempre nos pareceu importante intentar dotar dunha infraestructura para comprar productos e incluso para socializar nese entorno. Poder chegar ó complexo a calquera hora, pode facer que algúns hóspedes se encontren nun entorno no que, se non planificaron ben as comidas, ceas, etc, poida ser que se lle complique a loxística nun determinado momento, sobre todo se viaxas con nenos. Por todo isto, xurdiu a necesidade de intentar dotar deses servicios básicos (bar, tenda, etc), tendo en conta que tería que ser un sistema automatizado e sen persoal, dado que doutra forma non sería rendible. Aí é onde naceu a idea e despois démonos conta de que realmente este problema non o temos so nós, senón que é un problema que está afectando a moitas casas rurais de toda España, pero tamén a moitos entornos de poboación onde o bar-ultramarinos que había no pobo pecha por falta de usuarios. Quedar sen eseservicio, que en moitos casos é básico para socializar e para poder comprar productos de primeira necesidade nun determinado momento de urxencia, pode dar lugar ó inicio do fin deses pobos, tendo en conta que se trata principalmente de poboación envellecida.
Así que a idea é intentar poder traballar neste modelo de negocio para este tipo de entornos, que permita manter aberta unha tenda automatizada, facela rendible e ó mesmo tempo dotar de servizo de bar-tenda a estes lugares.
Imaxe por dentro dun dos aloxamentos.
Esta idea de tenda tradicional adaptada ao século XXI é unha maneira espexial de recuperalar este tipo de establecementos?
Si. Na nosa idea sempre estivo esta forma de ver o bar-tenda. Queríamos dotala desa personalidade enxebre, social, etnográfica incluso, que nos permitira identificarnos co que fomos no pasado, pero dixitalizada nun entorno 4.0.
Despois de sorprendernos co voso ultramarinos de última tecnoloxía, tendes algo en mente para novos proxectos?
Agora mesmo estamos nunha fase de consolidación do proxecto. Os esforzos están enfocados en ampliar o negocio de aluguer e poñer en marcha o modelo de negocio de “La Moderna” dunha forma global. Ainda así, sempre se traballa pensando en novos proxectos e algúnha sorpresa caerá seguro…
Unha imaxe por dentro de "La Moderna".
Dende vosa opinión como persoas sen vinculacións coa zona que é o que máis valorades? E que pensades que fai desta zona das ribeiras e deste recuncho do sur de Lugo un lugar diferente?
A diferencia para nós é o incrible entorno natural, paisaxístico e de patrimonio que encontramos nuns poucos km cadrados. Creo que ese marco é incomparable e non creo que haxa moitos lugares en España coma este, e incluso me atrevería a decir no mundo. A nosa admiración por ese lugar é total e a miña procedencia dun pobo pequeño como no que se encontra o complexo, fai que haxa algo no meu subconsciente que me leva a querer facer algo positivo por este tipo de entornos.