top of page

Entroidos tradicionais de Pantón.

Neste apartado da páxina abordaremos os diferentes temas:

- Entroido de Budián e Entroido da Arribada. 

- Entroido de Vilar.
- Entroido Ribeirao en Pantón.
- Xoves de Compadres e Comadres.
- Bailes de Entroido.

Lembrade que se tendes algunha historia ou anécdota sobre esta época do ano que non teñamos non dubidedes en contactar con nós. Será un luxo poder coñecela e compartila!

Entroido de Budián e Entroido da Arribada.

No noso concello, en dous lugares podíamos desfrutar de sendos entroidos tradicionais, así tiñamos "O Entroido de Budián" e "O Entroido da Arribada". Son festas moi similares, pero cunhas claras diferenzas de nome e no traxe aínda que a día de hoxe na forma recuperada non podemos aprecialas seguramente antigamente si que as habería. Logo teñen xeitos diferentes de proceder e de levar a cabo a festa.

  • Entroido da Arribada.

A este entroido viña xente de tódalas aldeas da freguesía, incluida xente doutras parroquias como poderían ser San Andrés de Següín e Santo Estevo de Espasantes.


 

  • Entroido de Budián

Nesta parroquia, ao ser o epicentro, en Budián para avisar o comezo do entroido puñan un pano pintado con lama na entrada do lugar.

Un dos ritos da festividade era pasear o entroido por toda a parroquia: Budián, Abelaira, Cima de Vila, Acedre, San Romao, O Cotillón e de volta a Budián. Neste festexo tamén participaban os veciños da freguesía de Santiago de Cangas.

Polo que sabemos de falar con veciños tanto de Acedre coma de Santiago de Cangas, ao pasealo Entroido ían con garrafóns baleiros para ir enchelos casa por casa.

Na parroquia de San Xoán de Frontón, tamén celebrábase esta festividade. Poderíamos pensar que a gran cercanía entre Frontón e Budián puido facer que este último expandira o seu entroido ata terras de Frontón. Deste xeito nesta parroquia viñan dende Pombeiro, Vilamirón ou da Torre de Vilamirón (todas estas aldeas de San Vicenzo de Pombeiro) a festexalo Entroido. Nesta freguesía facían o Entroido no patio dos Vázquez na aldea de Frontón. Non faltaba a música cun acordeón de Sober e gaitas. Viñan veciños a festexalo dende outros lugares da parroquia coma podían ser Lornís e Seragude.

Así neste 2022, o Entroido de Budián voltou ser paseado polos Brancos e os Farranquís, percorrendo tódalas aldeas de San Romao de Acedre e parte das de Santiago de Cangas. Así que agora toca agardar ao Entroido de 2023!

Imaxe duns Brancos e duns Farranquís posando no Domingo de Entroido de 2022.

Entroido de Budián 2023 (30).jpg

Farranquí/ Farramplán/ Meco.

A denominación en San Romao de Acedre é farranquí e en San Fiz de Cangas é farramplán ou meco, ao igual que en San Xoán de Frontón.


Esta persoaxe é o rei do Entroido, incluso participaba na morte do Entroido e nos xoves de compadres e comadres.

Eran máis ao bruto, feito con trapos e con teas vellas. Levaba chocas na cadeira, unha vara na mao e caldeiros con cinsa.

Nos entroidos os farramplás ían vestidos de negro con chaquetas e pantalóns vellos e caretas compradas de animais como porcos, vacas, de caras espalmadas.... e levaban ás veces chapeus de palla ou negros de pano e algúns levaban unha cadea e unha vara na man. Tamén campanillas como as da igrexa.

A maiores desta forma de vestirse do meco ou farranquí con roupa vella estaba o traxe tradicional máis antigo. Este consistía nun traxe cuberto de peles de ovellas ata un pouco máis abaixo da cintura. No lombo levaban unha chepa que era palla ou herba, por dentro do traxe. Na cabeza tan só víanse dous buratos para os ollos e na parte superior levaban cornos, tanto de ovella coma de cabra. E ao igual ca a outra forma de farramplán levaban un cinto con campanillas.

IMG_0438.png
IMG_0436.png

Recreacións de como vestían os Mecos, Farrampláns ou Farranquís.

WhatsApp Image 2021-02-14 at 10.51.49 (6
WhatsApp Image 2021-02-14 at 10.51.49 (5
WhatsApp Image 2021-02-14 at 10.51.49 (8
WhatsApp Image 2021-02-14 at 10.51.49 (3

Varias imaxes en detalle dun Farranquí, Meco ou Farramplán.

WhatsApp Image 2023-01-17 at 08.49.23.jpeg

Brancos/ Dama e Cabaleiro/ Mázcaras.

A denominación na aldea de Budián é "brancos" e na de San Fiz de Cangas e San Xoán de Frontón é "dama" e "cabaleiro" ou "mázcaras".

Os traxes eran delicados feitos para lucir a roupa boa, con almohadóns coma bandas no peito e con encaixe. Na cabeza levaban un sombreiro, con forma cónica con cintas de cores.

Outros homes ían de branco con pantalón (feito de fundas de almohada), camisa e unha toalla bonita atravesada e un capucho de cartón alto de pico e con cintas de cores longas cosidas enriba. As caretas eran de cartón pintado . Algúns levaban caxato.

As mulleres ían con saia longa feita de sabas e unha blusa ou xersei de manga longa. E na cabeza chapeus de home forrados de branco con tea e por enriba un tapete bonito de cores. Na cara un anaco de encaixe fino no que se cortaba a zona dos ollos para ver. Levaban nas costas unha colcha bonita atada ao pescozo.

Tanto homes como mulleres ás veces puñan follas de hedra nos pantalóns ou nos mantos (estes últimos as mulleres).

IMG_0437.png
IMG_0435.jpg

Recreacións de como vestían as Mázcaras, Dama e Cabaleiro ou Brancos.

WhatsApp Image 2021-02-14 at 10.51.50.jp

Imaxe do vestido dunha Branca.

WhatsApp Image 2021-02-14 at 10.51.49 (7

Detalle da colcha da Dama cas hedras nela.

WhatsApp Image 2021-02-14 at 10.51.48.jp

O chapeu e a colcha decorada co sombreiro da Mázcara.

WhatsApp Image 2023-01-17 at 08.49.22.jpeg
WhatsApp Image 2023-01-17 at 08.48.18.jpeg

Unha parella de Brancos paseando pola Abelaira.

WhatsApp Image 2023-01-17 at 08.48.17.jpeg

Reunión de Brancos ao carón da capela de Budián, no Entroido de 2022.

Imaxe de Paula Fernández Rodríguez.

Así unha das poucas mostras que quedaron destes antigos entroidos, é do ano 1997 cando veciñxs da Arribada, fixeron a recreación destes traxes. Mais tan só fixeron das damas e dos cabaleiros, non representaron ao Farramplán.

Nas imaxes podemos velos desfilar polas rúas do Castro de Ferreira,e podemos apreciar certas diferenzas entre os "Brancos" de Budián e as "Mázcaras" da Arribada.

Imaxes de Flora Enríquez.

Teatro.

No entroido de Budián, a diferenza do da Arribada facíanse obras de teatro. Deixamos claro que polo que estivemos a investigar isto é así, mais posiblemente no entroido de San Fiz tamén as levaran a cabo pero puideron perderse.

 

Deste xeito podíamos dividilas pezas teatrais en 3 tipos diferentes:

- Partixas onde facían que dividían as fincas.

- Casamentos, onde o que facía de cura levaba un touciño por diante e outro por detrás.

- Partos, onde homes facían de mulleres, empregando cebolas para os peitos e de barriga puñan un gato e logo representaban o “parto”.

Entroido de Vilar.

Nesta pequena aldea do norte de Pantón, situada na parroquia de Santiago de Vilar de Ortelle, está o lugar de Vilar. Nesta aldea tiña moita fama a súa celebración do Entroido. En Vilar o entroido tiña lugar nas Airas de Vilar e á noite recollínase na casa do Moucho.


Así coma no resto da parroquia de Ortele, acostumaban festexalos Compadres e Comadres mais aquí tiña gran importancia no festexo do Entroido, as obras de teatro. Contamos a continuación unha anécdota que da boa mostra disto que foi recollida no libro do cura José Val y Val, "Lendas e tradicións da Ribeira Sacra Vilar de Ortelle Os Estraloxos.", aí vai:

No Entroido facían representacións, teatro en pequeno, que discorrían eles mesmos. Habíaos moi ocorrentes.

Nunha destas farsas estaban a rifar entre varios irmáns por unhas partillas. Despois de moito razoar e discutir e non poñerse dacordo, un dos actores sae e di : "pois senon queredes crer que é así, que veña a nai do outro mundo e que o diga". E nisto saíu un meco representando a un defunto, e tan ben o fixo, que os espectadores comezaron a botarse fóra esfurricados do medo.

 

SAM_5322.JPG

Imaxe das Airas de Vilar onde tiña lugar o Entroido deste lugar.

Entroido de Ribeirao en Pantón.

No noso concello este festexo chantadino tiña lugar parte das súas tradicións. Así para financiar o Entroido ían polas aldeas en busca de viño, esta bebida sería entregada cando facían os oficios e logo o sobrante sería vendido a taberneiros que viñan do interior de Pontevedre, coma podía ser Rodeiro ou Lalín, e tralo Entroido viñan ata a ribeira de Chantada en usca do froito das ribeiras.


Deste xeito, as persoaxes do Entroido, os Maragatos e os Volantes na semana do Entroido cruzaban o río Miño polo paso da Barciela na freguesía de San Andrés de Ribeiras de Miño, e comezaban a ir por tódalas aldeasbuscando xente que lles dera algo de viño pros festexos. Nos lugares onde paraban a xente acostumaban a darlles pan, queixo, chourizos ou outras cousas que tiveran na casa. Neste proceso de ir polo viño, os Maragatos levaban os pelexos de cabra onde ían aos poucos gardando o viño recadado e os Volantes ían facendo sonar as súas campaíñas e ían turnándose o pucho.


No noso concello ían en busca de viño polas parroquias de San Andrés de Ribeiras de Miño, Santo Estevo de Atán e Santiago de Vilar de Ortelle e logo volvían cara atrás ate Fión, no Saviñao.

 

Imaxe dun volante levando o pucho. Fotografía sacada da páxina web do Consorcio de Turimso Ribeira Sacra.

Entroido_Ribeirao_6_.jpe

Xoves de Compadres e Comadres. 

San Xoán de Toldaos.
Asociación de veciños.

Todo daba comezo cos preparativos dos compadres, non era cousa fácil, os veciños nesas datas non deixaban roupa tendida fóra,  para evitar que colleran as súas prendas. O empeño dos encargados de xuntar o que precisaban para vestir os compadres,  levabaos a entrar nas casa e coller a roupa agochada nos armarios. Todo valía xa que sabían que a roupa regresaba aos seus propietarios, xa que os compadres e comadres queimábanse espidos.

O xoves de compadres e comadres a tradición consistía en que os maiores  subidos en burra suxeitaban os monecos a modo de estandarte e os nenos cativos levaban as rendas. Paseaban os mecos ata a parroquia veciña de Mañente. Ao chegar a noite queimábanse no castro, sendo vistas as lapas dende as aldeas da contorna.

Así no noso concello tíñase por costume nos xoves de comadres e de compadres a realización de mecos representando en cadanseu xoves ao correspondente sexo. Aí van unhas imaxes duns mecos do xoves de comadres do ano 2020:

San Romao de Moreda.
Asociación de veciños

 

O Castro de Ferreira.
Asociación Mulleres Rurais "Donas de Pantón".

Santalla de Tuiriz.
Asociación Veciñal "O Piñeiro".

Nas imaxes que amosamos tan só son unha pequena representación das parroquias que antes festexaban estas datas, mais en case tódalas parroquias facían mecos.
A maiores dos devanditos mecos nas noites de comadres e compadres antigamente facían procesión de fachóns de herba seca polas aldeas para logo queimalos mecos, incluso competían por ver quen elaboraba o fachón de maior tamaño.
Con todo isto temos que destacar que na freguesía de Santiago de Vilar de Ortelle, tiñan por costume subir á croa do castro e aló cos fachóns queimaban aos mecos. Mesmoo cura don Ramón Castro López, párroco de Vilar de Ortelle, relatou que dende o alto do castro de Ortelle nas noites de comadres e compadres podíase observar ao lonxe tódalas queimas de mecos da contorna.

Bailes de Entroido.

Na nosa contorna e seguro que en todo o país xunto ás celebracións máis tradicionais do noso Entroido comezaron a aparecer o costume de facelos bailes de Entroido. En moitas parroquias tiñan costume de facelos.

Rapaces de Toldaos disfrazados - recortada.jpg

Un dos bailes que sobresaía entre tódolos realizados en Pantón era o que facían na parroquia de San Xoán de Toldaos. Neste lugar o Domingo de Entroido esta pequena freguesía multiplicaba a súa poboación, acudían a ela veciños de parroquias pantonesas próximas pero tamén dende Monforte de Lemos perosas da Vide, Baamorto, Pol, Seoane ou Cinsa. Aló xuntábase xente de media comarca para bailar desfrutar do Entroido e da boa música que alí había. Que tempos aqueles...

Imaxe de rapaces disfrazados en 1970. Cortesía de Javier Goyanes.

Así neste presente 2022, voltouse a festexar en Toldaos o seu tradicional baile de Entroido, onde grazas ao incansable e constante traballo de Javier Goyanes puideron levar a cabo a recuperación desta tradición tan antiga e arraiga a esta freguesía. Dende aquí queremos darlle os nosos parabéns polo seu esforzo e dedicación a súa parroquia San Xoán de Toldaos!

Imaxe do baile de Entroido. Cortesía de Javier Goyanes.

Na parroquia dos Espasantes adoitaban festexalos na aldea de Pacios, onde mesmo aló polo Entroido de 1935 o baile rematou nunha pelexa con varios feridos.
 

SAM_8920.JPG
Pelexa baile Entroido Espasantes El Ideal Gallego 9-3-1935.PNG

Imaxe da aldea de Pacios.

Nota de prensa de "El Ideal Gallego" do 9 de marzo de 1935.

Disto non escapaban aqueles que tiñan costumes propios, coma podía ser A Arribada onde aló tamén tiñan por costume realizar un baile do Entroido, ao cal a xente tiña que acoder vestida, coma non, estabamos no tempo. Veciñas da zona contan como lembran que viñan persoas de todo o concello para ir ao afamado baile da Arribada.

Baile de Entroido Canabal El Pueblo Gallego 6-3-1935.PNG

Rematamos este apartado cunha nota de prensa de 1911 onde recollíase a celebraión dun baile no salón da "Sociedad Unión del Cabe" no veciño Canabal e facían referencia que un grupo de rapazas de Pantón acudiran vestidas de mariñeiras.

Nota de prensa de "El Pueblo Gallego", 6 de marzo de 1935.

bottom of page