top of page

Galicia Paradise

Hoxe témolo gusto de entrevistarmos a José García, propietario da inmobiliaria Galicia Paradise, esta empresa traballa principalmente no sur de Lugo e estña centrada na venda e restauración de bens inmobiliarios históricos. Polo que non perdades esta interesante entrevista.

Dende aquí agardecemos a José García a súa participación neste noso espazo de entrevistas.

SdP: Para comezar a entrevista, sabemos que sodes unha inmobiliaria especializada en propiedades no rural, mais tamén nos bens históricos. Contádenos algo máis. 

GP: O de adicarnos á venda de propiedades no rural forma parte dunha filosofía: darlle vida ás casas e ás aldeas para que non se convirtan en ruinas. Pensamos nos avós e os pais que tanto loitaron para manter ás súas familias cheas de traballos, recordos e sufrimentos. Unha turoperadora inglesa falounos nun encontro dun programa que emitían na BBC, sobre unha zona costeira do norte do estado español chamada Galicia. A maioría dos ingleses descoñecían esta parte da península, confundíndoa cunha comarca de Polonia chamada tamén Galiza, pero espertou un interese importante no norte de Inglaterra. Desa conversa xurdiu a idea de “Galicia Paradise” para tratar de vender propiedades, en moitos casos sen moradores ou non aptas para vivir. En canto a bens históricos, o concello de Pantón conta cun patrimonio moi importante, non sempre sostible para a administración e para os particulares

Galicia Paradise_5.jpg

Fotografía de José García Beltrán.

SdP: Temos visto que tamén facedes traballos de restauración. Que tipo de encargos tedes habitualmente. Faládenos dalgún caso curioso e de como está a ser a tendencia actual da restauración de propiedades inmobiliarias.

GP: A actividade da restauración veu dada polo descoñecemento que os ingleses tiñan tanto de man de obra como da compra de materiais, sen esquecernos da lingua. Os conceptos son moi diversos en función das características que teña a casa comprada, non obstante, sempre cunha distribución en consonancia cos hábitos e costumes inglesas. Dende fai uns anos xa controlan entre eles, porque hai residentes con tódolos oficios e a lingua non é problema. Non podemos esquecer que na Ribeira Sacra hai 98 familias de Reino Unido.

SdP: En Pantón polo que temos visto tendes varias propiedades á venda, entre elas 2 pazos. Como é a venda deste tipo de bens? Cada vez tendes máis?


GP: O feito de ter moitas propiedades no concello de Pantón ten moitos motivos. En primeiro lugar, Galicia Paradise comenzou a súa andadura no Castro de Ferreira, despois de considerar que era unha boa zona dado que era un centro xeográfico da Ribeira Sacra, coas 3 ribeiras que ten, que no seu día lle daban o nome de “Mares interiores de Galicia”, moi comercial. Por outra banda, ten un patrimonio histórico moi importante, tanto no eido monumental, relixioso, como en grandes pazos e casas señoriais en mans de particulares. A venta deste tipo de bens ten moitos matices, depende da orixe dos compradores, do seu poder económico e de se vai ser a residencia habitual no presente ou para un futuro. Cada día temos máis propiedades á venda dado que quedan abandonadas, unha vez que morren as persoas maiores, os herdeiros non teñen interese en acondicionalas para que esten en consoancia coas necesidades actuais.

Galicia Paradise_4.JPG
Galicia Paradise_3.JPG

Imaxe do pazo de Goián que teñen actualmente á venda no seu portal.

SdP: Como coñecedores da compra-venda de casas. Agora mesmo como está a cousa no sur de Lugo e en Galicia en xeral?

GP: A implantación do Brexit mermou as visitas dos ingleses, pero medraron de Francia, Países Baixos, Alemaña e Rusia, sen esquecernos do mercado español: Madrid, Barcelona, Andalucía e a costa mediterránea, que fuxen do concepto colonia ou por motivos de clima. Todo isto fai que estea aumentando de maneira exponente a compra de vivendas como primeira ou segunda morada na nosa terra.

SdP: Na denominada “Ribeira Sacra” coméntase que hai moitos estranxeiros con propiedades. Vós confirmades que veñan tantas persoas alleas a nosa terra mercar casas? Como foi e está a ser este proceso e a súa evolución?

GP: En canto os estranxeiros na Ribeira Sacra, para facerse unha idea, diciamos que había 98 familias inglesas, non vivindo permanentemente pero con propiedade nesta comarca. Que eu saiba hai sobre 12 familias alemanas , 14 de orixen holandés, 5 francesas, 14 rusas, sen esquecer os españois de distintas provincias que rondaran as 40 familias. Como xa dixemos, os motivos desta demanda veñen dados por diversos conceptos, dende o custo da vida, a hospitalidade do noso pobo, a calidade da gastronomía, a vexetación, ata o aire que respiramos

IMG_6352.JPG

A imaxe dunha casa en ruinas no noso concello.

SdP: Para rematar, postos a imaxinar, onde e por que escolleríades ter unha casa en Pantón?

GP: Porque escollería Pantón? Despois de todo o expresado con anterioridade queda pouco que dicir, xeográficamente ten moitas ventaxas, ten todos os servicios básicos, está preto de Monforte, do hospital, do ferrocarril, está preto de Ourense cos seus centros comerciales, unha poboación dispersa con toda a riqueza natural precisa e un patrimonio histórico inmellorable.



Por último queremos agradecer profundamente á empresa Galicia Paradise que fixo posible esta entrevista e que fóran tan amables en aceptala e en colaborar con nós, mil grazas!

bottom of page