Entrevistas 2022
Asoc. Cult. "Segredos de Pantón"
IV Concurso Fotográfico de Nadal Segredos de Pantón.
1. Temática.
As fotografías deben de reflexar paisaxes outonais e invernais de Pantón de calquer tipo pero sempre que sexan no noso concello.
2. Participantes.
Calquer persoa amante de Pantón e da fotografía, os menores deberán de ter unha autorización correspondente dos seus titores legais.
3. Obras.
Cada participante poderá enviar só unha imaxe en cor, que deberá de ser autoría súa e que non fora premiada con anterioridade. Xa que de non ser así quedaría automaticamente descalificada ao sábelo e retirarémoslle o premio de conseguilo.
A temática será libre. Non se aceptarán fotografías pintadas ou manipuladas, montaxes, nin collages.
4. Presentación.
Enviar por algún dos seguintes medios a súa imaxe:
As redes sociais son:
Facebook: Segredos de Pantón
Twitter: @OsSegredosdoVal
Instagram: @segredos_de_panton
Correo electrónico: segredosdepanton@gmail.com
Teléfono (WhatsApp): 662 669 223
Indicando o nome da fotografía o lugar e o nome da parroquia onde foron sacadas.
5. Prazo.
O prazo de envío das imaxes dará o comezo o día 30 de novembro de 2021 e rematará o 31 de decembro ás 12 h. Logo o día 6 de xaneiro Dde 2022 ás 17:00 horas rematará o prazo de votación.
6. Xurado.
O xurado será a propia xente que vote no Doodle para que todo o mundo con redes sociais ou sen ela poidan votar. Tan só precisarase acceso a internet e un correo electrónico.
De ter un empate serán os membros do colectivo Segredos de Pantón que desempatarán.
7. Premios:
- 1º Premio: Cesta con: 1 Noite para 2 persoas en "Fogar do Pumar", Lote de produtos de "Cachenas de Pantón", 1 pack de "Finca Míllara", 2 botes de mel do "Noso Mel", unha mochila de pic-nic de "Arribeirados", comida para 2 persoas de "Rectoral de Castillón", 1 Paraugas e unhas luvas de "Rosal Moda" e unha masaxe de "Noelia Sánchez-Quiromasaxista e adestradora persoal".
- 2º Premio: Cesta con: 1 pack "Finca Míllara", un xabón de "Sacra Cosmetics", unha flor de "Piensos Senra", 1 paseo en zodiac para 2 pers. de "Turismo Pantón", 1 botella Barrica de "Casa Moreiras", 1 botella "AlmaNova" de "Alma das Donas", unha carteira e un polar de "Asesoría O Castro" e unha masaxe de "Noelia Sánchez-Quiromasaxista e adestradora persoal".
-3º Premio: Cesta con: 1 Visita guiada por Pantón de "Galsentur", unha mochila de algodón de "Teresa Lamela", 1 pack "Finca Míllara", 1 lote de produtos de "Casa da Fonte", un pixama e unha bufanda de "Rosal Moda", 1 estoxo con dúas botellas de "Adega Sernande", 1 retrato en dixital e en papel de "Estudio Gnomo" e unha masaxe de "Noelia Sánchez-Quiromasaxista e adestradora persoal".
Dende aquí queremos agradecer a tódalas empresas colaboradoras nesta nova edición e tamén nas que colaboraron en edicións anteriores. Grazas a elas o noso concello segue vivo, por iso neste Nadal e en tódalas datas, Merca en Pantón!
A continuación deixamos o enlace para votar polas 3 imaxes que terán premio, tan só precisades poñer un correo electrónico e votar. Obrigamos a votar por todas por que pensamos que é importante que todo o mundo dea a súa opinión sobre tódalas imaxes, sen opción a só ir votar unha.
https://forms.gle/APBZSS6CGAQVn4kg6
O prazo de votación vai dende hoxe 1 de xaneiro ate o día 6 de xaneiro ás 17 da tarde.
Cartaz da 4ª edición do noso concurso fotográfico.
Empresas colaboradoras.
Neste espazo queremos darvos unha pinceladas sobre as diferentes empresas colaboradoras na 4ª edición do noso concurso e onde atoparedes información de interese sobre elas.
Adega Casa Moreiras.
Adega situada na parroquia de San Martiño de Siós, existente dende 1692 e a día de hoxe a máis antiga de Galicia.
Páxina web: https://www.casamoreiras.com/
Rectoral de Castillón.
Un hotel e restaurante onde desfrutar dunha xoia do noso patrimonio. Un espazo para descansar e desfrutar no corazón de San Vicente de Castillón.
Páxina web: https://rectoraldecastillon.com/
Pantón, Turismo activo.
Unha empresa da parroquia de San Xoán de Frontón que oferta viaxes á carta por terra e auga, con eles poderedes coñecer toda a "Ribeira Sacra", dende o Miño ao Sil.
Páxina web: https://www.turismopanton.es/
Fogar do Pumar.
Unha fermosa vivenda de uso turístico en pleno Tuiriz, onde coñecer e facer parte do noso inmenso rural será un. Un lugar cun encanto especial.
Páxina web: https://fogardopumar.gal/es/
Sacra cosmetics.
Unha empresa nova de cosmética natural da nosa terra, para coidar o corpo coidando á vez o planeta. Produtos cheos de agarimo e paixón.
Páxina web: https://sacracosmetics.com/
Cachenas de Pantón.
A gandería de Ramón Vázquez, ten dende pitas de Mos, pasando por porco celta e coma non cachenas. Mimando os animais obtén os mellores produtos.
Número de contacto: 600 869 578
Dirección da súa tenda en Monforte de Lemos: https://goo.gl/maps/Ao9Q7WspCPCCpZxs6
Adega Alma das Donas.
Esta adega situada en Ribas de Sil, na parroquia de Pombeiro, traballa no corazón do Sil para sacar o mellor das muras e das vides. Con traballo crean viños que acadan grandes éxitos.
Páxina web: https://almadasdonas.com/
Teresa Lamela costura.
Unha pantonesa asentada na vila do Cabe apaixoada da costura decidiu montar un taller de artesanía onde fai dende traxes medievais, arranxos de roupa a mochilas de algodón da Guerra das Galaxias.
Información de contacto: https://turismo.ribeirasacra.org/es/servicios/teresa-lamela-costura
Asesoría O Castro.
Esta empresa traballa arreo para dar solucións aos seus clientes, así tódolos trámites que precisaredes facer dende o fiscal, xudicial e civíl axudaranvos.
Ubicación da súa oficina: https://goo.gl/maps/QG66ZegotD9P2ys76
Número de contacto: 982 456 178
Tienda Rosal.
Tenda de roupa situada no Castro de Ferreira, un lugar idóneo para ir facelas compras do armario. Apostando por quedar no rural e amosando que con ganas todo é posible.
Páxina web: https://tiendarosal.business.site/website/tiendarosal/
Piensos Senra.
Unha tenda de todo o necesario dende prantas, abonos, sementes ou decoracións pro xardín. Un lugar indispensable no Castro de Ferreira.
Páxina web: https://www.agrotiendasenra.com/
O Noso mel.
Primitivo Armando, é do Saviñao, máis concretamente de Reiriz, neste lugar e en Tuiriz onde reside dende moitas colmeas así produce o seu propio ouro dourado con traballo e amor.
Número de contacto: 657 170 026
Galsentur.
Empresa especializada na organización de viaxes á carta. Se pensas nunha viaxe elas poden organizala, sempre coidando, entendendo e respetando o territorio.
Número de contacto: 637 820 233
Adega Sernande.
Esta adega asentada en Sernande, en San Fiz de Cangas, elabora aló caldos atrevidos e sorprendentes das súas viñas no Sil. Con tanta paixón normal que saian uns viños tan bos.
Número de contacto: 615 018 711
Arribeirados
Esta empresa organiza e personaliza as súas viaxes para que desfruten ao máximo das súas vacacións pola "Ribeira Sacra", sempre pensando no territorio e as súas tradicións.
Páxina web: https://arribeirados.com/
Casa da Fonte.
Xosé, gandeiro por convicción en Mañente ten unha cabaña de vacas de leite en ecolóxico onde elabora ca mellor das materias primas, iogures, queixo, tona e envasa seu leite. Non deixes de probalos seus produtos.
Ubicación da súa tenda en Mañente: https://goo.gl/maps/RzgDCSi9jKwxQrY47
Número de contacto: 691 060 470
Finca Míllara.
Esta adega situada na restaurada aldea ribeira da Míllara, traballa as antigas muras para obter o mellor dos caldos. Tratando ben a terra o éxito está asegurado.
Páxina web: http://www.fincamillara.com/
Noelia Sánchez, quiromasaxista e adestradora persoal.
Esta antiga xogadora de voleibol profesional decidiu reconvertirse en adestradora profesional e quiromasaxista todo isto indo casa a casa para maior das comodidades. Un luxo de profesional.
Número de contacto: 647 353 693
Estudio Gnomo.
Iria e Dani, dous ex-urbanitas montaron en Pantón un estudio de deseño para ofrecer tódalas solucións para empresas e particulares. Onde fan logos, páxinas web, fan libros ata retratos á medida. Os mellores deseñadores da bisbarra e parte do mundo.
Páxina web: https://estudiognomo.com/