Entrevistas 2022
Asoc. Cult. "Segredos de Pantón"
Iván Fernández Enríquez.
Chegaran os dezaoito anos, o coche do avó, un seat panda vermello, agardaba na cocheira. Calor abafador, propio do verán do concello de Pantón, que se apouvigaba nas augas do río Miño, no seu paso pola contorna. Noite de esmorga, conxuro de sons a desoras.
Así podería resumirse parte dos veráns que nos relata o noso entrevistado de hoxe, Iván Fernández Enríquez.
Boas tardes Iván, en primeira estancia darlle as grazas por concedernos esta pequena entrevista.
Para dar comezo, cóntenos un pouco sobre o teu nexo co noso concello de Pantón.
Boas tardes, pois ben nacín no ano 1993 na cidade de Madrid. Sen embargo, meus pais, xunto aos meus dous irmáns, naceron no concello do Mosteiro das Bernardas. A miña familia materna, concretamente é da parroquia de Eiré, en Ferreiroá. Por outra banda, o meu fogar paterno é natural da pequena parroquia de Deade, no lugar de O pacio. Lugares aos que frecuentaba visitar nas vacacións escolares.
Estivo a vivir tamén en Deade non? Como foi o cambio da cidade á aldea?
Pois atopábame nunha etapa da miña vida que me apetecía un cambio o cal me levou a cursar o bacharelato no instituto monfortino do IES A Pinguela, establecéndose na casa dos meus avós paternos. Quizais unha idea de prolongar máis as vivencias do último verán, cos amigos e amigas de Pantón. Foron novas experiencias, moi positivas, un acougo da barafunda da cidade.
Adícase actualmente ao periodismo, pero que te motivou a elo?
Finalizada a etapa de bacharelato, comecei os estudos en A Coruña, no grao de economía. Neste primeiro ano, a morriña pola cidade madrileña e o desabor na universidade fai que emprenda un novo camiño. Instalado de novo en Madrid, coa idea de cursar o grado en publicidade, logro entrar na carreira de periodismo -que previamente seleccionara como segunda opción.- Foi nesta última, a través da colaboración en reportaxes no periódico da facultade, na sección de Madrid, onde descubro a paixón e o espertar pola mesma, o potenciar da miña vocación. As horas hora pasábanme voando.
Unha imaxe de Iván Fernández.
Entendo que actualmente o periodismo presenta pouca empregabilidade, cóntenos, como foi o camiño tras acabar os estudos universitarios?
Rematados os estudos universitarios realicei os estudos postuniversitarios, un mestrado. Além da pouca empregabilidade do periodismo, pronto me incorporou no mundo laboral na redacción en El plural, Cadena Ser, El Diario, etc., primeiro partindo de becas laborais, por suposto. Agora mesmo traballo como Responsable de Comunicación en FACME (Federación da Asociaciones Científico Médicas Españolas).
Foi traballando para onde estás agora que conseguiu un recente premio, non si?
Neste ano 2023, recibín o primeiro premio por parte da Sociedade Española de Neumoloxía e Ciruxía Torácica (SEPAR), pola reportaxe “Todos los hospitales terciarios deben tener una UCRI de alta complejidad”, un recoñecemento periodístico que recollín no 56º Congreso Nacional de a sociedade que se festexou en Granada.
E agora Iván, sen máis preámbulos, cóntenos que é para ti Pantón?
Pois Pantón é parte de min, desde o día que nacín, camiño sempre con Pantón no corazón, a familia, amigas/os, veciños/as o que me agarda sempre. Vaia onde vaia, terei presente o meu concello, que forma parte da miña historia.
Moitas grazas de novo Iván, un auténtico pracer o desta conversa. Desfruta do teu Pantón.
Logotipo da federación para a que traballa Iván.