Entrevistas 2022
Asoc. Cult. "Segredos de Pantón"
José Manuel Ledo López.
O pasado mes de agosto, tivemos a oportunidade de falar, na súa casa situada en Casebio (Deade), con José Manuel Ledo López, antigo rexente da alcaldía de Pantón.
Boas tardes Don José, en primeiro lugar, darlle as grazas por abrirnos as portas da súa casa e brindarnos a oportunidade de concedernos esta pequena entrevista. Para dar comezo contenos un pouco sobre a súa vida, o momento no que a súa vida conectou co concello de Pantón.
Nacín en Monforte de Lemos o 12 de Xullo de 1929. Con apenas 10 anos, en tempos da Guerra Civil Española, abandonei a vila monfortina para instalarme xunto aos meus pais e miñas irmás en Pantón, na casa de Casebio, en Deade. A miña familia adquiriu a vivenda a través do banco hipotecario de Monforte de Lemos, propiedade que pertencía a Don Manuel Pardo Quiroga, antigo xuíz de Ferreira de Pantón, e que perdera no ano 1932.
A pesar de abandonar a capital da Ribeira Sacra, continuei os estudos no “Colegio Padres Escolapios de Monforte de Lemos”. Nun primeiro momento, en réxime interno, para a posteriori, por maior comodidade, quedarme na casa de meus pais ubicada na rúa Doutor Casares.
Unha imaxe de Ledo López ao realizarmos a entrevista.
Como calificaría o seu paso pola institución educativa?
Non fun precisamente un bo estudante, motivo polo cal meu pai decide traerme a Deade para traballar no campo. As duras tarefas labregas fan que me retome a idea de voltar a estudar. Regreso, así, á institución educativa dos Escolapios, donde ao pouco tempo fun expulsado por uns escritos que non eran acordes a relixión.
Coa expulsión, meu pai proporcióname un mestre de latín e un de matemáticas, podendo, así, examinarme no centro dos Escolapios. Posteriormente, fun a academia de Don Julián, profesor de matemáticas concluindo o bacharelato coa examinación en Santiago de Compostela, sendo xunto outra veciña de Pantón, Julia Dafonte, filla de Severiano antigo rexedor da Cantina de Serode, os únicos en aprobar do grupo.
Co remate do bacharelato, cal foi o seu camiño a seguir e que o motivou a elo?
Acabei licenciándome en Medicina na Universidade de Santiago, tras 7 anos, e despois en Estomatoloxía pola Universidade de Madrid. O camiño pola medicina derivou das influencias paternas, que fixera axudante técnico sanitario (ATS) en Cuba. A odontoloxía, sen embargo, veu da man dun amigo meu, Soto Arias, un odontólogo natural de Tuiriz.
Unha imaxe onde Ledo López, atópase aocarón do presidente, Manuel Fraga, daquelas da Xunta de Galicia, na celebración das IV Rota do Románico en 1991.
Fotografía: El Correo Gallego.
A pos da finalización dos estudos, onde traballou?
Establecín, primeiramente a consulta en Monforte. Fun médico do Servizo Galego de Saúde e co tempo xefe de sanidade de Monforte.
Cando decide participar no eido da política?
Compaxinei a medicina coa política, incitado por amigos seus. Así, ingresei en Coalición Progresista Galega, sendo elexido alcalde, tras a morte de José Chao Falcón, o 9 de decembro de 1987. Nas sucesivas convocatorias electorais volvin ser elexido, integrado xa no PPdG, ata o ano 2007, que me retirei, sendo sustituído polo actual alcalde do Concello, afín ao mesmo partido. A parte de isto, fun presidente da Asociación Ribeira Sacra Lucense” do Plan Leader.
Unha imaxe de Manuel Ledo no pleno en 2004.
Fotografía: La Voz de Galicia.
No canto da política, cal cree que foi o seu maior erro e pola contra, o seu maior aporte?
Un dos meus maiores erros foi meterme na política, xa que desgastaba moito a vida persoal e familiar. Non obstante, un dos meus maiores aportes, baixo o meu punto de vista, foi o alcantarillado dalgunhas das parroquias xunto a estación depuradora. Ademáis de dotar da luz pública a todo o término municipal.
Actualmente, a que dedica a maior parte do seu tempo?
Actualmente, retirado completamente da medicina e da política, emprego a maior parte do meu tempo nunha pequena horta e nos viñedos emplazados na parroquia de San Vicente de Deade, manténdome a orde do día a través da radio e xunto á lectura de diversos medios escritos de comunicación.
Dando por rematado este encontro, agradecémoslle de novo adicarnos o seu tempo e esperamos volver conversar con vostede nun futuro próximo.