top of page

O Nadal en Pantón.

Se queredes desfrutar dun Nadal moi pantonés, aquí deixámosvos as nosas recomendacións, para que desfrutedes destas datas.

Tuiriz vestido de Nadal.

Por 3º ano consecutivo a nosa asociación en colaboración cunha asociación de veciños, desta volta foi ca de Veciños de "Tuiriz con U" propuxémonos de decorar este lugar con encanto. Desta volta decoramos os entornos das igrexas de Santa María de Tuiriz e o Santuario do Carme.

Así tentamos compaxinar a tradición e o respeto polo medio ambiente. Deixámosvos cunhas imaxes e non vós perdades este lugar cheo de recunchos perfectos para perderse.

Bo Nadal.JPG
IMG_4356.JPG
IMG_4387.JPG
IMG_4376.JPG
IMG_4359.JPG
IMG_4362.JPG
IMG_4402.JPG

Aquí deixámosvos a ubicación da aldea para facilitarvos a visita.

Parroquia decorada de Mañente.

Na parroquia de Mañente, a asociación de veciños de San Mamede de Mañente, organizou pra este Nadal engalanar varios puntos desta freguesía con decoracións do Nadal.

Dende aquí darlles os parabéns e ver lugares decorados tan chulos é un verdadeiro encanto. Parabéns pola iniciativa, agardamos voltar a velo en 2024!

IMG_4215.JPG
IMG_4228.JPG
IMG_4220.JPG
IMG_4219.JPG
IMG_4218.JPG
IMG_4202.JPG
IMG_4208.JPG

Aquí deixámosvos a ubicación da aldea para facilitarvos a visita.

Toldaos vestido pro Nadal.

O veciño de Toldaos, Javi Goyanes, outro ano máis engalanou a súa parroquia pra chegada do Nadal. Desta volta poderemos ver ao noso ben querido Apalpador e ao Papá Noel en diferentes puntos desta parroquia e outros elementos decorativos. Non perdades a oportunidade de coñecer e visitar esta freguesía. 

Mil grazas Javi polo teu traballo incansable, es o mellor!

 

Aquí deixámosvos a ubicación do lugar onde poderedes atopar a maioría de adornos.

Belén da Capela de San Antón.

Na aldea de Castillón, onde fomos decorarmos o pasado ano, desta vez engalanaron a capela de San Antón. Non perdades a oportunidade de ver este sitio tan chulo!

IMG_5191.JPG
IMG_5186.JPG
IMG_5187.JPG
IMG_5188.JPG

Aquí deixámosvos a ubicación da capela do Carme.

A aldea de Galegos, berce do Nadal.

Nesta aldea da parroquia de San Vicente de Castillón, poderedes ver como de fermosas é un Nadal no interior do noso país. Non perdades a oportunidade de visitar este lugar que tan fermosamente as veciñas decoráronno, viva Galegos e que viva o Nadal!

IMG_5127.JPG
IMG_5125.JPG
IMG_5149.JPG
IMG_5132.JPG
IMG_5136.JPG
IMG_5137.JPG
IMG_5150.JPG

Aquí deixámosvos a ubicación de Galegos.

Aldea de "Bo Nadal".

No lugar de Nadal, decidimos este ano facermos uns cartaces e así mudarlle durante unha tempada ao ano a esta pequna aldea da freguesía de San Xulián de Eiré. Así agora ao entrar saúdanos un "Bo Nadal".
 

IMG_4185.JPG
IMG_4178.JPG

Aquí deixámosvos a ubicación do lugar de Nadal.

VI Concurso fotográfico de Nadal de Segredos de Pantón.

Lembrade que tendes ate o 31 de decembro ás 12 da noite para mandar as vosas imaxes pro concurso. Xa sabedes deben de ser de Pantón, e poderedes gañar uns fantásticos premios de empresas locais. Se queredes saber os premios non dubidedes en visitala páxina do concurso, abaixo o enlace:

Cartaz Concurso fotográfico 2023.png

Contacto

Correo electrónico:

segredosdepanton@gmail.com

Tlf:

662 669 223 (Lucas Vázquez)

Redes Sociais

  • Facebook
  • Instagram
Marca segredos de pantón.png
RPCentidade.png
bottom of page