top of page

Noelia Sánchez.

Hoxe témolo pracer de conversa cunha persoa famosa que decidiu voltar a súa terra e traballar no rural. Falamos con Noelia Sánchez, antiga xogadora profesional de voleibol. Así trala dura decisión de abandonalo deporte de alta competición optou por emprender na súa comarca facendo uso de tódolos coñecementos que aprendeu e desenvolveu durante a súa fructífera carreira coma deportista.

Dende aquí agardecemos a Noelia a súa participación neste noso espazo de entrevista e desexámoslle os maiores dos éxitos nesta nova andaina profesional!

Para comezar ca entrevista, unha serie de preguntas rápidas:

- Cando e como descubriu o voleibol?
Foi con 11 anos no colexio da Gándara, apunteime non moi convencida e ó mes xa estaba namorada deste deporte.


- Que significa para vostede o deporte?
Principalmente significa saúde, despois, da maneira que está integrado na miña vida, significa disciplina, valores, case un modo de vida.


- Imaxina non practicar deporte algún día?
Creo que me é imposible imaxinar esa opción, dunha maneira ou doutra, aínda que sexa saír a camiñar, teño a necesidade de moverme.

- Lugar favorito onde xogou competiu e para desconectar?
Lugar favorito no que xoguei, Menorca.
E lugar favorito para perderse: camiñar por calquera recuncho da Ribeira Sacra.

WhatsApp Image 2021-11-25 at 12.58.38 PM.jpg

Logotipo da empresa que fundou Noelia Sánchez.

- Dende que deixou o voleibol profesional, como foi que se plantexou comezar a traballar como adestradora persoal e quiromasaxista?
A pandemia truncou a miña retirada e de repente vinme encerrada na casa sen poder continuar cos meus plans, así que aproveitando a miña experiencia e coñecementos, decidín non quedar parada e ocorréuseme ir abrindo camiño.


- Cóntenos un pouco os servizos que pode ofrecer a posibles clientes?
No plano do quiromasaxe os servicios son a domicilio, dende calquera dor muscular ata readaptación despois dunha lesión.


- Leva dende decembro de 2020 exercendo a súa nova actividade profesional, ata agora como foi?
Non me queixo, pero si que é verdade que ó non ter un local cústame bastante facer fronte á competencia.


- Os seus servizos son bastantes demandados nun entorno rural coma o noso? Que perfil de cliente acostuma máis a ter?
Bastante, hai persoas maiores que non se poden desprazar con facilidade ou ben persoas que por traballo non dispoñen de tempo para achegarse a un centro e o 
meu servicio a domicilio facilítalles poder organizarse.

- Para rematar que destacaría de poder traballar no rural?
O trato co paciente é máis persoal, ábrenme as portas da súa casa e incluso algúns insisten en que tome un café ou a merenda jajaja.

MD13C9F5_18337.jpg

Imaxe dun partido onde recibe o balón Noelia. Imaxe: La Voz de Galicia.

A maiores podes desfrutar desta interesantísima no medio dixital "Xornal de Lemos", entidade onde publicamos tódalas nosas entrevistas. Non perdades esta coma tódalas entrevistas.


http://xornaldelemos.gal/sociedade/38070-de-xogadora-profesional-de-voleibol-a-quiromasaxista-no-rural/
 

bottom of page