
Entrevistas 2022
Asoc. Cult. "Segredos de Pantón"
Noite de San Xoán
A noite de San Xoán recóllense segundo diferentes informacións poden ser entre sete ou nove clases de flores diferentes, entre as que estarían: a flor do sabugueiro, a flor da ruda, a flor de San Xoán, os estalotes ou dedaleiras, a flor de malva, fento macho, o fiúncho, o romeu e a herba luisa.
Unha vez recollidas, bótanse nun recipiente con auga e déixanse ao serán da noite. Á amañecida, antes da saída do sol, lévanse pra casa, cólanse e gárdase a auga para todo o ano, pois non hai medo de que podreza. Disque é moi boa para chagas, úlceras e enfermidades da pel en xeral.
Ca mesma auga un pode lavarse a auga con ela cando o sol saia, e así terá todo o ano a cara fresca.
Outro rito que pode facerse na noite de San Xoán antes que saia o sol e é recoller a auga de sete fontes. Esta tamén pode gardarse todo o ano, dado que tampouco podrecerá. Seica esta auga é moi boa para a afonía e curalo bocio. E se é de trece fontes, será moi boa pra a reuma.

Flor de estalote.

Flor de malva.

Flor de San Xoán.

Flor de sabugueiro.
Meigas nesta data
Nesta noite pensábase que as meigas soltaban enxamios de meigas nas casas e anban polos carreiros e aldeas a facer das súas.
Pensábas que as meigas na noite de San Xoán emborcallábanse nos prados. E por iso existía a crenza que para curala sarna non había mellor remedio ca andar aos emborcallóns pola herba co orballo ao amencer de San Xoán.
Mesmo hai unha chea de refráns e ditos que falan das meigas nesta época do ano:
"Nos primeiros de San Xoán, as bruxas botan as moscas pra todo o verán"
"O día de San Xoán, as bruxas velana primeira casa que afumea pra solta-las moscas nela"
Nesta data tamén cóntase que as meigas aproveitaban para castigar aquelas casas ou lugares onde eran agaraviadas cun enxameo de moscas. Así dicíase este refrán:
"Os enxamios de San Xoán, se queda, logo se van"
Así contrarrestrando, dicíase este refrán:
"Vaite, mosca condenada,
que te mandaron as meigas;
pois, nós temos a San Xoán
pra que el nos libre delas"
Ditos
Ao ser un día de tan fonda tradición na nosa terra, así fóra de ditos de meigas tamén temos outros ditos sobre esta noite tan máxica:
"A noite de San Xoán a máis curta do ano"
"O día de San Xoán, fogueiras ao chan"
"Salto o lume de San Xoán, pra que non me trabe cobra nin can"
"No día de San Xoán, o sol pola mañá"
Bibliografía.
- Lendas e tradicións da Ribeira Sacra Vilar de Ortelle Os Estraloxos.