Entrevistas 2022
Asoc. Cult. "Segredos de Pantón"
Piensos Senra
Hoxe no noso espazo falamos con María José Senra, unha empresaria monfortina que posúe na capital do noso concello dunha tenda agropecuaria, así ten a base do seu negocio na vila do Cabe e ten outras tendas en Escairón e no veciño Sober. Así conversamos con ela para coñecer máis desta empresa familiar e máis detidamente da súa sucursal pantonesa.
Vista exterior do establecemento do Castro de Ferreira.
Segredos de Pantón: Cóntenos un pouco a historia deste establecemento, Se non erramos nado en 1946 co seu avó Avelino.
Pienos Senra: A historia do noso negocio é unha de tantas historias de emigración galega. O meu avó Avelino, que moitos recordarán, emigrou a Cuba e a volta estableceuse en Monforte onde empezou cun muiño de pedra adicándose a moer os cereais dos veciños a cambio da maquia, logo colleu o relevo o meu pai e a parte de moer tamén vendía cereais de Castela e León, patacas de siembra, e uvas, entre outros produtos para o campo, e cos anos tocoume a min coller o relevo e fun ampliando o número de produtos e o número de tendas.
SdP: En toda Galicia existen moitas tendas onde podemos mercar dende cousas para a horta, o ardín e as mascotas. Vós dentro desa oferta na comarca de Lemos en que vós tentades diferenciar?
PS: Diferenciarse da competencia cada día é máis difícil, nos temos varias ventaxas dende o meu punto de vista. A cercanía no trato cos nosos clientes, moitos deles xa levan varias xeracións sendo clientes e xa son coma da casa
Antiguedade que levamos no mercado, polo que a experiencia a hora de comprar e escoller os mellores provedores cas mellores calidades é algo que xa ven de lonxe.
A variedade de produtos de moita calidade e a prezos moi competitivos. A especialización de todos nós, xa que todos os que traballamos nesta empresas somos persoas formadas en todo o relacionado co campo e a horta, e en moitos casos vale mais a experiencia que o produto en si.
Mesmo a maiores facemos reparto a diario a domicilio, polo que o servicio o cliente intentamos que sea o máis rápido posible.
SdP: Sabemos que a día de hoxe contades con 4 tendas, en Monforte de Lemos, Castro de Ferreira, Escairón e Sober. Como foi de abrir establecementos nestes núcleos?
PS: Os núcleos das aldeas cada vez teñen xente máis maior e que lle custa moito desprazarse ata Monforte a comprar, esa é a primeira razón pola que empezamos ésta andaina de abrir tendas nas aldeas.
Imaxe xeral do establecemento do Castro de Ferreira.
SdP: Sabemos que a día de hoxe contades con 4 tendas, en Monforte de Lemos, Castro de Ferreira, Escairón e Sober. Como foi de abrir establecementos nestes núcleos?
PS: Os núcleos das aldeas cada vez teñen xente máis maior e que lle custa moito desprazarse ata Monforte a comprar, esa é a primeira razón pola que empezamos ésta andaina de abrir tendas nas aldeas.
SdP: No caso particular da vosa tenda de Pantón, esta foi a primeira fora da vila do Cabe. O bo responder por parte da xente foi o que vós impulsou a abrir no resto de vilas da contorna? E que é o que máis vendedes no noso concello?
PS: A primeira foi Pantón porque os clientes da zona nolo demandaban e si se pode dicir que foi unha experiencia nova pero boa, e de ahí animoume a abrir o resto.
O que máis se vende é difícil de decir, porque éste negocio funciona por campañas ou épocas do ano, polo que depende da época véndense unha cousa ou outra, por poñer un exemplo ahora estamos pasando a época do xardín, é Ferreira ten moita afición a ter as casas e os xardíns ben coidados.
Imaxe do interior da tenda no Castro de Ferreira.
SdP: O pasado mes de marzo sacástedes a opción na vosa páxina web de poder mercar a través dela. Ata o día de hoxe como valorades os resultados?
PS: Abrimos a páxina web, co obxetivo de abrir mercado e que a xente dende as súas casas poidan facer os seus pedidos á hora que mellor lle convenga, dende que comenzamos esta andaina, estamos contentos cos resultados ainda que é un campo novo, e leva tempo posicionarse nun bo sitio do mercado.
SdP: Antes de concluír queríamos saber, a día de hoxe seguides a ter moita venda para explotacións agropecuarias? E que é o máis vendido.
PS: O noso cliente e máis particular, a maioría é o cliente final, non estamos centrados nas grandes explotacións ou na venta a outras empresas.
SdP: Para rematar, tendes pensado abrir algunha nova tenda ou algunha outra novidade que poidades desvelar?
PS: En principio, estamos centramos a mellorar ás tendas abertas na actualidade, aínda que se o mercado o requere, sempre poden saír novos proxectos.
Unha imaxe da zona que teñen para piensos e fariñas da tenda de Pantón
A maiores de saír publicada nas nosas redes sociais a entrevista sae publicada no Xornal de Lemos, no seguinte enlace podedes acceder á entrevista na páxina web do medio:
http://xornaldelemos.gal/en-profundidade/33971-piensos-senra-un-negocio-familiar-fundado-no-1946-que-leva-xa-dez-anos-en-panton/