Entrevistas 2022
Asoc. Cult. "Segredos de Pantón"
Repostería tradicional.
No noso concello ao igual que no resto do noso país temos un gran número de receitas doces. Dende os famosos melindres de Melides, as rosquillas de Ponteareas ou a famosa tarta de Santiago. Mais fóra destes famosos doces en Pantón conservamos unhas receitas propias duns doces moi nosos que acostumamos ao longo do ano cando temos gana de botarnos algo doce ao dente. Así que desfrutade con moderación destas receitas!
Mantecadas.
As mantecadas que nós facemos e comemos no noso concello, nada se asemellan ás famosas mantecadas de Astorga, destacadas pola súa esponxosidade senón que segundo os maiores canto máis dura estea a mantecada máis boa está. Este doce é típico de comer nas festas patronais, onde cada familia fai o seu debuxo que vai pasando de xeración en xeración.
Aquí deixámoslles unha das moitas receitas que hai sobre este manxar doce:
- 250 gramos de manteiga
- 1 kg de fariña
- 6 ovos
- 2 sobres de lévedo
1º Amasar a manteiga co azucre e os ovos, a amnteiga ten que estar a temperatura ambiente.
2º Engadir a fariña e o lévedo.
3º Estender nas placas por riba do papel do forno non demasiado gorda a masa.
4º Cocción a 200ºC-180ºC uns 20 minutos ou ata que estea feita e dorada por arriba e por abaixo.
A masa das mantecadas lista trala súa preparación.
Tras preparala masa ven darlle forma na bandexa dor forno.
Despois pasa polo forno onde collerá unha cor delicosa, ao igual que o arume que desprenderá.
Despois do forno toca que arrefríe e xa serán horas de botarlle o dente, que aproveite!
Tarta de améndoas ou Rosca de Pantón.
Aquí deixámoslles unha das moitas receitas que hai sobre este manxar doce:
- 1 Ostia.
- 1 kg de améndoas moídas.
- 1/2 kg de azucre.
- 6 ovos e se non amsa ben engadir un a maiores.
- Un chisco de fariña para traballala masa.
1º Misturamos o azucre e a améndoa .
2º Facemos un burato na mistura anterior e engadimos os ovos.
3º Amasamos o conxunto.
4º Damos forma coas mans.
5º Decoramos cun garfo ou cun dedal.
6º Cocemos no forno, previamente quente, durante uns 10-15 minutos a 180ºC e deixamos no forno apagado ca calor residual.
Imaxe da rosca de Pantón.
Duras.
Aquí deixámoslles unha das moitas receitas que hai sobre este manxar doce:
- 1 Ostia.
- 1 kg de améndoas moídas.
- 1/2 kg de azucre.
- 6 ovos e se non amsa ben engadir un a maiores.
- Un chisco de fariña para traballala masa.
1º Misturamos o azucre e a améndoa .
2º Facemos un burato na mistura anterior e engadimos os ovos.
3º Amasamos o conxunto.
4º Damos forma coas mans.
5º Decoramos cun garfo ou cun dedal.
6º Cocemos no forno, previamente quente, durante uns 10-15 minutos a 180ºC e deixamos no forno apagado ca calor residual.
Rosca mantecada.
Este doce parece ser moi antigo tanto é así que investigando o único que puidemos averiguar foi ovos, manteca de vaca cocida e logo enfriada, fariña e azúcar, nalgunhas receitas bótanlle a maiores para darlle sabor zume de laranxa e mesmo anís. Tamén dicían que empregaban un dedal ou un garfo para facerlle debuxos como buratiños. A masa colocábase en tiras formando un cadrado.
Sabemos que este postre facíase en diferentes lugares de Pantón:
- Na parroquia de Atán onde parece que tiña máis sona. Ao facelo polas festas da aldea. en Pesqueiras polo San Roque en agosto e en Seoane de Atán polo San Antón o 13 de xuño e de cando en vez ao cocelo pan. Deste xeito temos constancia de que facíanno nos lugares da Touza, Pesqueiras, Freán Seoane de Atán.
- Temos testimonios de xente maior da parroquia de Santa Mª de Ferreira que a lembra.
- Incluso sabemos de xente de Tuiriz que lembra que súa nai e avóa preparábaa.
- Tamén na freguesía de Vilar de Ortelle na aldea de San Romao a xente lembra este doce.
Así vemos que este doce estaba presente en gran parte do noso concello.