Entrevistas 2022
Asoc. Cult. "Segredos de Pantón"
Sacra Cosmetics
Hoxe falamos con Núria López de Sacra Cosmetics, unha rapaza nada en Vigo pero criada en Frontón dende os 4 anos logo marcharía aos 16 anos a Barcelona. Aló con 24 anos decide voltar ao país pra non volver marchar.
Entusiasta da súa terra no 2019 comeza a formalizar a súa empresa que hoxe presentamos. Agradecemos de todo corazón a súa colaboración con nós e esperamos que desfurtedes da entrevista!
Unha imaxe dps produtos de Sacra cosmetics.
-Segredos de Pantón: Para dar inicio á entrevista, cóntenos como foi que introduciuse no mundo da cosmética natural?
-Sacra Cosmetics: A raíz dunha dermatite na pel da niña filla, fabriquei os productos de hixiene con ingredientes naturais, coa fin de controlar esa enfermidade xa fai xa 10 anos.
A iniciativa empresarial, foi da man do Coworking Ribeira Sacra, que acolleu a idea para axudar a impulsala dende un marco ordenado e profesional.
-SdP: Traballa sempre con produtores locais, dende Quiroga ate Chantada pasando por Pantón. Para vós por que é tan importante facer isto?
-SC: É por todos sabido a gran calidade das materias primas e das terras da Ribeira Sacra. Temos o mellor, así que é lóxico pensar que se pode conseguir una cosmética de excelencia con ingredientes de excelencia.
Tamén é importante colaborar entre produtoras locais e tratar de buscar a prosperidade das nosas xentes.
Os champús e xabóns con cadansúa etiqueta.
-SdP: Como está a ser o comezo de actividade? Está a ver unha boa aceptación nxs consumidorxs?
-SC: Está a ser moi ben acollida, gustan os productos, ainda que a quen máis lles está a chamar a atención é aos turistas, que mercan sen mirar o prezo. Hai un segmento moi agradecido, o das persoas que só queren utilizar productos naturais, que se están a sentir atraídas.
-SdP: Recentemente vimos que en Tuiriz estivo a organizar uns cursos de cosmética natural. Como foi que xurdiu esta iniciativa e que tal foi?
-SC: Foi fanástica, as mulleres son moi receptivas e a atmósfera foi moi bonita. É moi satisfactorio xuntarse coas mulleres rurais, estamos feitas de “outra pasta”.
A iniciativa foi acollida con moito cariño e expectación pola presidenta da asociación, Rebeca, que é moi aberta a actividades culturais. Son un exemplo de asociación a seguir.
-SdP: Vimos que emprega viño ecolóxico de Diego de Lemos. Plantéxase nalgún momento certificar os seus produtos en ecolóxico?
-SC: Esther Teijeiro é o paradigma da muller rural, traballadora inesgotable. Tamén é una figura que admirar, pola súa valentía e os seus fitos que xa coñecemos.
Os productos son certificables COSMOS, están fabricados para tal fin, máis non teñen o selo por atrasos burocráticos. En canto se solucione, incorporaráselle.
Unha imaxe da nosa entrevistada, Nuria López.
-SdP: Se algunha persoa quixera mercar os seus produtos como podería facelo?
-SC: Temos una tenda online onde visualizalos e mercalos (sacracosmetics.com). Tamén no teléfono 622669770, ou en puntos de venda que se poden atopar no Facebook Sacra Cosmetics ou no Instagram sacra.cosmetics.
-SdP: Para rematar esta interesante charla, está a traballar nalgún novo produto que poida adiantarnos algo?
- SC: Hai moitas ideas que se materializarán no futuro se todo segue un bo trazado. Estamos desexando que se vexan os resultados de un bo traballo para invertir en máis variedade de cosméticos no futuro.
A maiores de saír publicada nas nosas redes sociais a entrevista sae publicada no Xornal de Lemos, no seguinte enlace podedes acceder á entrevista na páxina web do medio: