top of page

Telleiras de Pantón

Telleira de Casanova.

Situada no termo de poboación da Casanova en Eiré. Pechou fará uns 90 anos. Hoxe en día non queda nada dela, pero preservase a súa memoria na nosa toponimia da man dun prado chamado "A Telleira", unha pequena mostra de como nace a toponimia.

 

 

 

 

Telleira dos Veiga.

Telleira de Vilamirón.

SAM_3811.JPG
70539610_2975305702540464_40981130233805
70619850_10219754336439100_2613027161941

Esta fábrica atópase no lugar que agora é o cruce dende a nacional para ir cara O Castro de Ferreira ou para O Souto en Deade. Foi completamente desmantelada fai 70 anos para empregar as súas pedras na construcción dunha casa no Basillao.

Situada antes da entrada á aldea de Torre de Vilamirón, pechou antes ca do Castro de Ferreira. Tiñan moi boa sona as súas tellas, dicíase que eran as mellores de toda a bisbarra.

Vista xeral da aldea da Casanova, preto dos invernadeiros estaría a antiga telleira.

Documento de aluguer da Telleira de Vilamirón por parte duns telleiros de Pontevedra.

Instrumento denominado "peine", para a elaboración dos ladrillos.

Aquí amosamos o lugar onde estaría situada a telleira da Casanova.

Localización.

Localización.

Aquí amosamos o lugar onde estaría situada a telleira da Torre de Vilamirón.

Localización.

Aquí amosamos o lugar onde estaría situada a telleira dos Veiga.

Telleira do Baliño.

Situada fronte ó actual tanatorio do Castro de Ferreira. Desta construcción é da que máis información temos. Comezou a súa andadura a principios do século XX (en torno ó 1907), tivo 4 diferentes donos; 1º Juan do Bigote, 2º Julio de Atán, 3º un dono de Pontevedra (tívoa durante uns 7-8 anos) e como último propietario o Vilaverde.

Traballadores

A plantilla de traballadores estaba composta dunhas 30-40 persoas, a maioría de Portugal e da provincia de Pontevedra, estes vivían nuns barracóns xunto á fábrica.

Proceso productivo

A arxila viña de explotacións próximas, a escasos metros da actual fábrica aínda está unha mina de arxila. Tamén a traían do monte do Valiño con carros tirados por bois nos primeiros anos, máis adiante con camións. A arxila unha vez na fábrica moíase cun muíño tirado por un cabalo, logo empezouse a empregar un muíño eléctrico de gran potencia.

Dentro das instalacións, os operarios traballaban descalzos xa que se ían con zapatos a arxila íase pegando e formaban unha masa compacta ao redor do seu zapato. O traballo ía de marzo a outubro polas condicións climáticas necesarias para non ter excesiva humidade no ambiente.

A cocción era un proceso moi longo e moi importante. Cocíase unha vez ao mes, entre 8.000 e 10.000 pezas. Antes de cocer, deixábase secar as pezas no exterior durante 1 ou 2 días e logo cocíanse durante 1 semana enteira, tizando día e noite o lume. Trala cocción deixábanse enfriar 2 semanas e aínda así estaban quentes os ladrillos e as tellas.

Esta telleira era famosa polos ladrillos, feitos cunha arxila moi grosa que facía que a masa agarrara moi ben a ela. Ademáis podían partirse en 3 anacos perfectamente. Despois as tellas estaban medio cocidas, pero en canto a ladrillo era o mellor da zona.

Galería de imaxes do estado actual da telleira do Baliño, a última en pechar.

Localización.

Aquí amosamos o lugar onde estaría situada a telleira do Baliño.

Telleira da Bastida.

Forno de tellas e ladrillos da Bastida, datado dos séculos XVIII-XIX. Esta estrutura atópase anexa á casa grande da Bastida, ámbalas edificacións situadas na parroquia de Mañente.

A fábrica de ladrillos está composta dun forno de base circular duns 7 metros de altura, unha porta de acceso onde colocar as pezas de cerámica (tellas e ladrillos) dentro do forno e un acceso inferior onde se introducía a madeira para a queimar e poder así quentalo forno.

Ao carón do forno temos unha edificación onde se elaborarían as diferentes pezas con arxila da zona, con gran tradición na fabricación de ladrillos e tellas.

Galería de imaxes do estado actual da telleira da Bastida.

Localización.

Aquí amosamos o lugar onde estaría situada a telleira da Bastida.

Vídeo Promocional Canle Ribeira Sacra.

Co medio de comunicación Canle Ribeira Sacra, realizamos un vídeo explicativo sobre o proceso de construción das tellas e ladrillos, as telleiras pantonesas, xs traballadorxs. 
A maiores no mesmo podedes ver un vídeo da nosa reconstrución da telleira do Baliño.

Instantánea do vídeo de Canle Ribeira Sacra.

bottom of page