top of page

VI Concurso Fotográfico de Nadal  Segredos de Pantón.

1. Temática.
As fotografías deben de reflexar paisaxes outonais e invernais de Pantón de calquer tipo pero sempre que sexan no noso concello.

2. Participantes.
Calquer persoa amante de Pantón e da fotografía, os menores deberán de ter unha autorización correspondente dos seus titores legais.

3. Obras.
Cada participante poderá enviar só unha imaxe en cor, que deberá de ser autoría súa e que non fora premiada con anterioridade. Xa que de non ser así quedaría automaticamente descalificada ao sábelo e retirarémoslle o premio de conseguilo.
A temática será libre. Non se aceptarán fotografías pintadas ou manipuladas, montaxes, nin collages.

4. Presentación.
Enviar por algún dos seguintes medios a súa imaxe:

Correo electrónico: segredosdepanton@gmail.com


Teléfono (WhatsApp): 662 669 223

Indicando o nome da fotografía o lugar e o nome da parroquia onde foron sacadas.

5. Prazo.
O prazo de envío das imaxes dará o comezo o día 4 de decembro de 2023 e rematará o 31 de decembro ás 12 h da noite. Logo o día 6 de xaneiro de 2023 ás 17:00 horas rematará o prazo de votación.

6. Xurado.

O xurado será a propia xente que vote no Google Drive para que todo o mundo con redes sociais ou sen ela poidan votar. Tan só precisarase acceso a internet e un correo electrónico.
De ter un empate serán os membros do colectivo Segredos de Pantón que desempatarán.

7. Premios:

 - 1º Premio:  Unha noite para 2 persoas no "Fogar do Pumar", 1 paseo en zodiac para 2 pers. de "Turismo Pantón", 1 bote de 1 kg de mel de "Ouro das Obreiras", 1 lote de produtos de "Casa da Fonte", 1 pixama de "Rosal Moda", percorrido guiado por Pantón da man de “Galsentur”, un chaleco térmico de "Asesoría O Castro", Pequena escultura de “El Tallercillo del Bubä” e 2 botellas de "Adega Sernande".

 

- 2º Premio: Unha noite para 2 persoas con almorzo na "Rectoral de Castillón", 1 pixama de "Rosal Moda", 1 botella de "Alma das Donas", 1 botella de "Adega Sernande", un chaleco térmico de "Asesoría O Castro", 1 bote de mel de "Mel da Caseira", un vale para un xogo para 6 persoas en "El secreto del monje", 1 bote de 1/2 kg de mel de "Ouro das Obreiras" e 1 lote de costura creativa de "FeltDecor".

 

- 3º Premio: Unha funda para tablet ou e-book de "Teresa Lamela", 1 lote de produtos de "O fogar dos soños", un chaleco térmico de "Asesoría O Castro", 3 libros + bolsa de tela da “A Libraría de Proencia”, 1 pixama de "Rosal Moda", 1 botella de "Alma das Donas", 1 bote de mel de "Mel da Caseira", 1 libro de "Estudio Gnomo", 1 bote de 1/2 kg de mel de "Ouro das Obreiras", lote de produtos da horta de "Postoiro S.C.G.”, lote de produtos apícolas de " O Mel Garuleiro" e unha mochila-neveira + manta de picnic de "Arribeirados".

Dende aquí queremos agradecer a tódalas empresas colaboradoras nesta nova edición e tamén nas que colaboraron en edicións anteriores. Grazas a elas o noso concello segue vivo, por iso neste Nadal e en tódalas datas, Merca en Pantón!

O prazo de votación vai dende hoxe 1 de xaneiro ate o día 6 de xaneiro ás 17 da tarde.
 

Cartaz Concurso fotográfico 2023.png

Cartaz da 6ª edición do noso concurso fotográfico.

Imaxes gañadoras.

38.jpg

1º Posto: "Néboa" con 124 votos. Santa Mariña de Eiré (San Xulián de Eiré) de Diego Pérez.

14.jpeg

2º Posto: "O Ángelus" con 92 votos. O Mosteiro (San Xulián de Eiré) de Javier Díaz Sánchez.

23.jpeg

3º Posto:"As cores do solpor" con 71 votos. Galegos (San Vicente de Castillón) de María Ángeles Parga Vázquez.

Empresas colaboradoras.

Neste espazo queremos darvos unha pinceladas sobre as diferentes empresas colaboradoras na 4ª edición do noso concurso e onde atoparedes información de interese sobre elas.

El secreto del monje.

Un divertido xogo, mistura entre unha sala de escape e unha caza de tesouro. Unha actividade perfecta para desfrutar ca familia ou amigos.

Páxina web: https://pantonrural.com/el-secreto-del-monje/

Rectoral de Castillón.

Un hotel e restaurante onde desfrutar dunha xoia do noso patrimonio. Un espazo para descansar e desfrutar no corazón de San Vicente de Castillón.

Páxina web: https://rectoraldecastillon.com/

Pantón, Turismo activo.

Unha empresa da parroquia de San Xoán de Frontón que oferta viaxes á carta por terra e auga, con eles poderedes coñecer toda a "Ribeira Sacra", dende o Miño ao Sil.

Páxina web: https://www.turismopanton.es/

Fogar do Pumar.

Unha fermosa vivenda de uso turístico en pleno Tuiriz, onde coñecer e facer parte do noso inmenso rural será un. Un lugar cun encanto especial.

Páxina web: https://fogardopumar.gal/es/

FeltDecor

Unha marca de artesanía que confecciona dende coroas, camisolas personalizadas ata decoracións pro Nadal. Sempre realizando os encargos con agarimo e paixón.

Páxina de Facebook: FeltDecor  e tenda en Etsy: FeltDecor.

Adega Alma das Donas.

Esta adega situada en Ribas de Sil, na parroquia de Pombeiro, traballa no corazón do Sil para sacar o mellor das muras e das vides. Con traballo crean viños que acadan grandes éxitos.

Páxina web: https://almadasdonas.com/

Teresa Lamela costura.

Unha pantonesa asentada na vila do Cabe apaixoada da costura decidiu montar un taller de artesanía onde fai dende traxes medievais, arranxos de roupa a mochilas de algodón da Guerra das Galaxias.

Información de contacto: https://turismo.ribeirasacra.org/es/servicios/teresa-lamela-costura

Mel O Garuleiro

Tania Arias, dona do "Fogar do Pumar", a parte de ter este establecemento comezou o seu amor cas abellas e desta relación naceu este mel. 100% de Tuiriz e feito con amor ca terra.

Pódese mercar na Cantina de Tuiriz e en Embutidos Valentina (Escairón) ou cantactando con ela.
Número de contacto: 610 33 84 92.

Tienda Rosal.

Tenda de roupa situada no Castro de Ferreira, un lugar idóneo para ir facelas compras do armario. Apostando por quedar no rural e amosando que con ganas todo é posible.

Páxina web: https://tiendarosal.business.site/website/tiendarosal/

Mel da Caseira.

Pola contorna de Tuiriz faise moito mel, así Rebeca tamén elabora este elixir dourado. Todo isto con moito agarimo e ofrecendo un produto local e de calidade.

Número de contacto: 647 56 82 60

Galsentur.

Na contorna das ribeiras que mellor que contar con esta empresa para coñecer esta contorna, así este proxecto empresarial ofrece a viaxeiros opcións á carta para coñecer os segredos da nosa terra. Unha guía 4x4, para coñecer dende Ortegal ata Bande pasando por Pombeiro!

Páxina de Facebook: Galsentur
Número de contacto:  637 82 02 33

Adega Sernande.

Esta adega asentada en Sernande, en San Fiz de Cangas, elabora aló caldos atrevidos e sorprendentes das súas viñas no Sil. Con tanta paixón normal que saian uns viños tan bos.

Número de contacto: 615 018 711

Arribeirados

Esta empresa organiza e personaliza as súas viaxes para que desfruten ao máximo das súas vacacións pola "Ribeira Sacra", sempre pensando no territorio e as súas tradicións.

Páxina web: https://arribeirados.com/

Casa da Fonte.

Xosé, gandeiro por convicción en Mañente ten unha cabaña de vacas de leite en ecolóxico onde elabora ca mellor das materias primas, iogures, queixo, tona e envasa seu leite. Non deixes de probalos seus produtos.

Ubicación da súa tenda en Mañente: https://goo.gl/maps/RzgDCSi9jKwxQrY47
Número de contacto: 691 060 470

O Fogar dos Soños.

Empresa familiar que fai da súa paixón a súa profesión. Traballando cosmética natural en base ao leite da sua gandeiría cabrúa, tamén venden cabritos da explotación. E combinan a elaboración de roupa e accesorios para bebés.


Páxina de Facebook: O Fogar dos Soños e páxina de Instagram: O Fogar dos Soños.
Teléfono de contacto: 633 493 674

A libraría da Proencia.

Venden libros, artesanía, olaría tradicional de torno baixo de Gundivós, papelería de edición propia (ilustracións de Espiralismos) e agasallos na Rede e, proximamente, tamén terán tenda física en Proendos, no mesmo centro da parroquia, a carón das escavacións do asentamento romano.

Páxina web: A libraría da Proencia.
Número de contacto:  674 938 803

Estudio Gnomo.

Iria e Dani, dous ex-urbanitas montaron en Pantón un estudio de deseño para ofrecer tódalas solucións para empresas e particulares. Onde fan logos, páxinas web, fan libros ata retratos á medida. Os mellores deseñadores da bisbarra e parte do mundo.

Páxina web: https://estudiognomo.com/

Asesoría O Castro.

Esta empresa traballa arreo para dar solucións aos seus clientes, así tódolos trámites que precisaredes facer dende o fiscal, xudicial e civíl axudaranvos.

Ubicación da súa oficina: https://goo.gl/maps/QG66ZegotD9P2ys76
Número de contacto: 982 456 178

Mel "Ouro das obreiras".

Álvaro elabora nas súas colmeas de Tuiriz, un ouro líquido feito polas súas obreiras. Se queredes saber o ben que traballan non dubiden en probalo seu mel.

Número de contacto:  682 53 13 39 (Álvaro)

Postoiro SCG.

Postoiro SCG, é unha cooperativa hortícola da comarca ourensá da Limia onde producen alimentos dende 1996, sendo os maiores produtores de cebola e cabaza de Galicia. Un referente en calidade e produción!

Páxina web da cooperativa: Postoiro SCG
Número de contacto:  699 516 116

El tallercillo del Bubä.

Jesús é un namorado da madeira e da arte, así deste xeito xunta estas dúas paixóns para ofrecernos o mellor do seu traballo en fermosas esculturas con madeira dos nosos bosques dende fadas, xacias, trasnos, o mesmo diaño ou fermosos animais do noso entorno.

Número de contacto: 667 989 608
Páxina de Instagram: https://www.instagram.com/el_tallercillo_del_bubaa/

bottom of page